Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estorba a Filosofía?

jueves, 14 de abril de 2022
O pasado xoves celebrouse na Facultade de Filosofía da USC a IX Olimpíada Filosófica de Galicia. Foi a edición máis concorrida porque participou alumnado de 48 centros de ensino medio de Galicia, aínda que só unha pequena parte puido estar presencialmente no salón de actos e as aulas da Facultade, mentres os demais seguían o evento por videoconferencia.

O alumnado tratou nas súas disertacións, vídeos, fotografías e dilemas morais un tema inquietante: "Transhumanismo: humanízanos ou deshumanízanos a tecnoloxía?". Aínda que eu creo que a principal preocupación dosorganizadores da Olimpíada e tamén a miña, como decano da Facultade, tiña que ver coa labazada que recibimos o día 29 de marzo coa publicación do Decreto da LOMLOE que suprimiu a Filosofía do currículo da ESO, principal canteira de onde se nutre a Olimpíada.

Só unha esperanza nos mantivo en pé: que a Consellería de Educación da Xunta de Galicia, na súa cota de competencia autonómica, incorporase na nosa Autonomía a materia de Filosofía que o Ministerio de Educación suprimía. Así llo pedimos nunha reunión a Román Rodríguez e aos cargos técnicos da Consellería. A confirmación de que a Xunta non deixaría aos estudantes de secundaria de Galicia sen a materia de Filosofía chegou nunha entrevista ao conselleiro Román Rodríguez no informativo matinal da Radio Galega, xusto a véspera de que comezase a Olimpíada.

Non fai falta que lles diga que a noticia correu como a pólvora, tanto nos medios de comunicación, como nas redes sociais e entre a comunidade docente dos centros de secundaria e da propia Facultade de Filosofía. Parece que a algúns políticos estórballes a Filosofía. Por fortuna, a outros non.
Agís Villaverde, Marcelino
Agís Villaverde, Marcelino


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES