Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 12 de abril de 2022
O auténtico mérito

Fácil e bonito é xogar con ganas e contentos cando os trunfos relocen nos marcadores Pingas de Orballo e nas clasificacións. Non obstante, e para un servidor, o auténtico mérito está naqueles que insisten e insisten e insisten tras derrotas e máis derrotas. E o que é peor aínda, que, no caso do fútbol, a maiores das derrotas, non cheguen os goles. Podes perder, pero algún gol no teu marcador sempre remexe o galiñeiro, como se adoita dicir. Cando un equipo leva 20 partidos xogados, os 20 perdidos e tan só un gol a favor, e ves que vai xogar o partido 21 e 22 e os que lle caian, entón non queda outra que exclamar: chapó! E comparalo co Alcoiano. Por aquilo da moral.

Hoxe, na nosa provincia, hai dous equipos (na derradeira categoría, que non sei como se chama porque, agora, para seguir as categorías cómpre un máster) que acadan case os mesmos números negativos: o Mugares e o Vilardevós. Aquel algo peor en cuestión de goles.

Segundo o suplemento de Deportes de La Región, o Mugares e o Vilardevós levan 20 partidos xogados e os 20 perdidos. O Mugares leva tan só un gol a favor e o Vilardevós seis. Ó equipo do concello de Toén metéronlle 151 goles e ó que linda con Portugal, 102. Ante estes números, ten ou non ten mérito seguir dálle que dálle? Equipos dos que estou seguro que haberá fins de semana que lles custará completar o cadro de xogadores para saltar ó campo. Pero aí seguen. Ganar é fácil, pero o mérito é saber cuestionar a derrota, e máis cando chega unha detrás doutra e doutra e doutra.

Ánimo, Vilardevós! e bravo, Mugares!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES