Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 08 de abril de 2022
Todo son contradicións

Quere quentar, pero vai frío. Quere chover, pero hai sol. Todo son contradicións. Quero subir, pero como din que para abaixo todos os santos axudan, pois baixo. Quero cruzar a lagoa de Cospeito, pero... e se afogo primeiro na lagoa de Almoite? Mellor sentar no medio do bosque es esperar. Claro que como as esperas desesperan, case é preferible Pingas de Orballo seguir buscando contradicións. Quero ver o ceo de azul, pero as nubes empezan a cubrilo á velocidade do vento que zoa. E aseguro que o vento zoa con forza.
Quero mirar para un espello, pero teño medo que ante o meu propio reflexo me asuste. Ou que o desexo se esnafre contra el. Porque hai espellos que reflicten aquilo que non podes ver. Case é mellor pechar os ollos e soñar. Soñar é bonito. E soñar esperto aínda o é máis.
Contradígome a min mesmo cando digo que a soidade é bonita, e tamén é esa enfermidade que corroe a alma. Que hai silencios con ruídos e ruídos cheos de silencio. É complicado buscarlle tres pés ó gato ou filosofar sobre un asunto barato. O asunto das contradicións; de que se digo si, ti dis non; de que se quero voar, acabo afogando; de que se quero escoitar jazz, asoma polos auriculares esta música actual na que as súas letras... As súas letras din e non din.
Todo son contradicións. Mesmo aquelas que teñen razón de ser. Ou non. As dúbidas atenazan o discorrer do tempo. E xa sabemos que o tempo tamén é contraditorio: que se corre, que se se detén, que se voa, que se non pasa. Si, será segundo as circunstancias.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES