Benestar e felicidade
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 07 de abril de 2022
Benestar e felicidade: dúas palabras moi emperelladas coas aspiracións de humanidade.
Todos queremos gozar dun bo nivel de benestar.
E todos queremos ser felices.
Para conseguir benestar empregamos diferentes medios:
- Adquirimos coñecementos nas mellores universidades.
- Conseguimos un bo posto de traballo e un soldo moi respectable.
- Levamos unha vida de lecer a tope.
- Alcanzamos un bo nivel social ante os demais.
- Viaxamos a lonxanos países moi exóticos.
- Alcanzamos fama...
En fin que, aparentemente, temos de todo.
Todos coñecemos persoas con este nivel de benestar.
Conseguir todo esto xa non está ó alcance de todos; pero...
¿É SUFICIENTE PARA ALCANZAR A FELICIDADE?
¿Non coñecemos persoas con moitos coñecementos que son unhas desdichadas?
¿Non sabemos de persoas que teñen un bo posto de traballo e son uns pobres infelices?
¿Non temos noticias de persoas que levando unha vida "a tope", acabaron na ruína?
¿Non coñecemos persoas que recorren o mundo enteiro e descoñecen terra que os viu nacer?
¿Non temos oído agunha vez de famosos que remataron morrendo en ciscunstancias pouco transparentes?
Entonces podemos concluir que para ser feliz non é suficiente con ter benestar social.
SER FELIZ E MOITO MÁIS QUE GOZAR DUN NIVEL DE VIDA ELEVADO.
Menos mal, porque se non fora así, os póbres tíñamolo moi claro.
Pero non.
HAI "RICOS" QUE SON MOI FELICES; PERO A SÚA FELICIDADE NON SE DEBE SÓ ÁS SÚAS RIQUEZAS MATERIAIS.
HAI "POBRES" QUE TAMÉN SON FELICIES E A RAZÓN DA SÚA FELICIDADE NON RADICA NA SÚA POBREZA MATERIAL.
¿Cal será, entonces o segredo, para ser feliz?
¿Por qué hai "ricos" que non son felices e "pobres" que son felices dentro da súa pobreza?
Hai persoas que pensan que o nivel de felicidade consiste na conformidade.
Conformarse co que honradamente se pode alcanzar xa é un motivo de felicidade.
Pero para outras persoas, son moitos os motivos que producen felicidade.
Pensan que a felicidade vaise conseguido a bocadiños máis pequenos ou máis grandes según imos avanzando progresivamente polo camiño da vida.
Pensan que convén fixarse nos pequenos detalles da vida de cada día, como por exemplo:
- Despertar con vida a un novo día, é todo un milagre.
- Poder erguerse sen ter que pedir axuda, é una bendición.
- Ter un prato de comida para levar á boca, é unha riqueza.
- Poder saír da casa para asistir á escola, á universidade ou ó traballo, non hai cartos que o paguen.
- Ter unha familia que nos ama e a quen amamos é un "colchón" no que se descansa moi ben.
- Ve-la inocencia dunha criaturiña é algo maravilloso.
- Un saúdo amable e cariñoso, é unha gozada.
- Unha flor acariciada pola brisa, é digna de contemplar.
- O frescor dun vaso de agua un día de calor, é moito de agradecer.
- Un prato de comida feito con amor, sabe a "gloria".
- As boas notas da infancia, son futuro que promete.
- O canto dun paxao, é música celestial.
- Unha oposición que se gaña a pulso, é un bo seguro de vida.
E así pasa con mil e unha vivencias gratificantes que temos cada día.
Trátase de saber disfrutar do que nos ofrece este maravilloso regalo que é a vida.
Disfrutar facendo o que se fai con amor e dedicación para que produza benestar e tamén felicidade.
O amor, a dedicación, a entrega, danlle sabor á vida.
"O SABOR DA VIDA"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora