Radioclub Costa Lugo: 25 anos
Fernández, Suso - miércoles, 24 de septiembre de 2008
Un dos descobrementos mais apaixoantes do home contemporáneo foi a radio, maravilla que permite enviar e recibir mensaxes a distancia de millóns de kilómetros, estar en contacto cos inxenios espaciais lanzados pola humanidade e explorar os mais lonxanos confíns do sistema solar, coñecer detalles endexamais imaxinados de outros
planetas ou comunicar con outros seres en calquera parte da nosa galaxia.
Radioaficionado é toda persoa autorizada para emitir e recibir mensaxes radiados, usando bandas de frecuencia xurídicamente establecidas.
A finais dos anos setenta a radioafición vivíu un boom que motivou un alto incremento de practicantes da modalidade. A Mariña non foi allea ó mesmo, polo que se espertou a inquedanza polo fenómeno xurdindo en toda a franxa costeira xentes que, illadamente, practicaban a radioafición, producíndose paseniñamente o coñecemento mútuo a base de contactos persoais, pois vía radio resultaba difícil, dada a intrincada orografía do noso contorno que non permite a propagación directa das ondas de VHF.
O afán de establecer comunicación coa referida banda entre os diversos colegas da zona, e tamén co resto da provincia e a veciña Asturias, levou a un pequeño grupo a concebir a instalación de un repetidor de VHF. Para logralo era preciso un órgano catalizador, capaz de aglutinar no seu seo ó colectivo de radioaficionados existentes na comarca, e así se crea o Radioclub Costa Lugo.
En setembro de 1983 se constitue e se elixe a primeira Xunta Directiva, formada así: Presidente, César Rodríguez Cesarín; vicepresidente, Antonio Amor; secretario, José Ramón Lorenzo; vice-secretario Valentín Caramés; tesoureiro, José Roca; vocal de
concursos, Ramón R. Costa e vocal de relacións públicas, Suso Fernández.
O repetidor de VHF, o soño dourado de todos, faise realidade e o Radioclub inicia a súa andaina que a leva a celebrar os 25 anos de existencia, realizando ó longo dos mesmos numerosas actividades de tipo técnico e didáctico, social e humanitario. O seu concurso anual nas bandas de HF e VHF gozan de prestixo no mundo da radioafición de todo o
país, pois de todo él acuden participantes. Feliz efeméride.

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora