Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Santuarios e festas do Concello de Mondoñedo (9)

miércoles, 06 de abril de 2022
As San Lucas de Mondoñedo (4)
No ano 2012, as feiras e festas de "As San Lucas" celébraronse dende o día 17 ata o 21 de outono, sendo o día 18, o día principal adicado á festividade do santo.

O mércores, día 17, ábriuse a edición número 856 das devanditas feiras e festas, que Santuarios e festas do Concello de Mondoñedo (9)están consideradas como das máis antigas de Galicia. As 13 horas, o disparo das potentes bombas e o volteo das campás maiores da catedral anunciaron o comezo dos festexos. Logo, as 19 horas levouse a cabo a chegada tradicional á feira dunhas 300 reses de gando equino, pasando pola ponte de Pasatempo, os Muíños, praza do Seminario, praza da Catedral, Fonte Vella, con chegada ao "Campo dos Paxariños". A continuación, as 19,45 horas tivo lugar na "Casa do Concello" a recepción oficial do pregoeiro D. Ramón Villares Paz, presidente do Consello da Cultura Galega, e as diferentes autoridades. As 20 horas levaronse a cabo diante das tumbas de Manuel Leiras Pulpeiro -escritor- e de Pascual Veiga -músico- sendas ofrendas florais nas que o grupo entre "Lusco e Fusco” interpretou o Himno Galego. De seguido a comitiva e carroza das San Luqueiras partiu cara o Auditorio Municipal Pascual Veiga, acompañados polos Cocos e Cabezudos, onde o doutor D. Ramón Villares Paz ía pronunciar o pregón, e, logo, ía ter lugar a actuación do coro "Mestre Pacheco" da Escola Municipal "O Pallarego" de Mondoñedo. Como remate, as orquestras Marbella e Palladium amenizaron na Alameda a primeira verbena.

O xoves 18, día de "As San Lucas", realizouse a partir das 8 horas a gran feira tradicional de gando cabalar no "Campo dos Paxariños" (1). Ás 11 horas tivo lugar a chegada das San Luqueiras das Festas ao recinto da Feira Cabalar acompañadas dos cabezudos e o grupo de gaitas "Souto Xímaro". Ás 12,30 horas levouse a cabo a recepción oficial no Salón de Plenos da "Casa do Concello" á Corporación do Excmo.Concello de Ferrol con motivo do Acto de Irmanamento. Ás 17,30 horas realizouse no Recinto da Granxa o concurso de Andadura Galega (libre) nas modalidades Serrada e Chapeada (2). Ás 19,30 horas fíxose no Auditorio Municipal Pascual Veiga a noite de monólogos coa actuación de "Pepo Suevos". Este día finalizou coa actuación das orquestras Fania e Philadelphia.

O venres, día 19, as 12 horas realizouse o pasarrúas das San Luqueiras das Festas, acompañadas dos cabezudos e da charanga mindoniense "Manca na Cheda". As 16,30 levaronse a cabo xogos populares na Praza da Catedral (3). Ás 17 e ás 19 horas tivo lugar no Campo dos Paxariños unha exhibición de Rapa e aloitamento do home co cabalo (4). Ás 20,30 horas o grupo teatral "O Bordelo" puxo en escea no Auditorio Municipal Pascual Veiga a obra "Quintana de vivos, anguria dos orfos". Como remate, as orquestras Galilea e Costa Oeste amenizaron a festa verbena a partir das 21,30 horas.

O sabado, día 20, a partir das 12,30 horas levouse a cabo o Concurso Morfolóxico de Cabalos de Pura Raza Galega, tanto na Sección Sementais maiores de tres anos, como na de Eguas maiores de tres anos (5). Ás 17 horas deu comezo o Encontro Folclórico polas principias rúas de Mondoñedo levado a cabo polas seguintes agrupacións: "Arco da Vella" de San Miguel; "Agrupación Musical Río Miño" de Portomarín; "Lusco e Fusco" de Vilalba e actuación conxunta da "Banda de Música de Burela" coa "Banda de Gaitas Dambara" de Burela. Tódolos grupos confluen na praza da catedral onde realizarán unha actuación. Ás 19 horas celebrouse no "Campo dos Paxariños" unha exhibición de Doma de Alta Escola en rendas longas e traballos de doma en liberdade con Cabalos de Pura Raza Galega (6). As 21,30 horas deu comezo a festa verbena a cargo dos grupos Cinema e Tekila.

O domingo, día 21, último día das festas, chamábase "Día das Maulas" xa que os feirantes adoitaban vender os derradeiros productos que ficaban. Como nos días anteriores, houbo pasarrúas pola vila (7), breve sesión musical denantes de xantar (8), e, á noite, dúas agrupacións musicais amenizaron este fin de festas (9). Ás 17,30 horas celébrouse o I Concurso de Cabalos Trotóns "As San Lucas" (10). Así mesmo, como tódolos anos, celébrouse na catedral mindoniense un oficio relixioso para conmemorar a consagración deste recinto sacro, levada a cabo polo bispo D. Martín na primeira metade do século XIII.

Dende o punto de vista relixioso, os fieis acudiron ao santuario dos Remedios a honrar ao S. Lucas, oendo unhas das seis misas que se oficiaron neste día, catro pola mañá, e dúas pola tarde. Ao mesmo tempo, houbo devotos que aproveitaron a ocasión para poñer "a imaxe da Virxe". Non embargantes, hai anos, os días adicados ao San Lucas, viñan máis romeiros a cumpriren con determinados rituais. Así, o pensador mindoniense Cunqueiro dínos: "apiñanse os romeiros ante o altar, e outros sentados nos bancos da entrada da igrexa dos Remedios, dan parte dos seus males e enfermedades. Entran romeiros con exvotos de cera, e mulleres que axeonlladas dan voltas ó templo. Os mendigos de sempre, tenden a man ós que entran rezar...". Probablemente a devoción existente estos días no santuario, sexa en gran medida unha prolongación da que existe dun xeito permanente nesta igrexa en honor da Virxe dos Remedios. Non embargantes, na parroquia de Santiago de Mondoñedo, oficiase unha misa solemne e, logo, algúns fregueses levan a imaxe do San Lucas en procesión polas principais rúas da vila.

Neste tempo de festa, os veciños do concello, os seus invitados, e as persoas foráneas participan nas diferentes manifestacións festivas que se levan a cabo nos devanditos días. Así, é raro o día que as persoas que teñen cativos non os leven ao recinto feiral da Alameda para que poidan disfrutar dos diferentes carruseis axeitados a súa idade. Hai que ter en conta que, se hai anos atraccións esperadas con ilusión, como o Barriga Verde, provista de pallasos que tocaban varios instrumentos musicais, facían as delicias dos cativos, hoxe, como nos dí Ana Aurora Villalba, as barracas de teatro, mimos e música deron lugar ós coches de choque e coloridos tiovivos que fan os deleites dos nenos desta era dominada polos satélites e a informática.

Mentres tanto, as persoas adultas percorren os diferentes postos de venda ambulantes, que hai polas rúas mindonienses. Neste postos poden encontrarse unha variedade de productos: alimenticios, calzado, todo tipo de roupa; artesanía do metal, da madeira, da pedra, do ferro; reloxos, de diferentes marcas; discos, útiles domésticos etc. Sen dúbida, algúns productos expostos van sendo introducidos coa modernidade, mais outros constituen no intre actual unha mostra etnográfica do pasado.

Agora ben, hai aspectos da festa que poden cambiar nas súas aparencias externas máis non nos seus aspectos esenciais, que permanecen malia os cambios existentes. Un destes aspectos, moi ligados coa nosa gastronomía, e "o polvo a feira". Sen dúbida, o marco espacial ligado ao polvo -casetas, bancos, servizos etc.- cambiou, ao igoal que as condicións hixiénicas, mais o producto segue aí, e dende hai moitos anos a xente acude ás casetas de polvo, instaladas na Alameda e nos seus arredores, en grupos, e cambian informacións variadas relacionadas co evento que se está a vivir ou sobre outros aspectos da vida.
Santuarios e festas do Concello de Mondoñedo (9)
Por outra banda, estas festas sempre eran e son esperadas con moita ilusión. Non embargantes, antano mentres os homes adicábanse, dun xeito preferente, a mercar unha res equina, pola contra as mulleres ocupábanse de comprar aqueles productos destiñados a alimentación e tamen diferentes utensilios necesarios para a casa. No intre actual, esta dobre funcionalidade diminue bastante, xa que o ambente festivo está ocupando paseniño o primeiro lugar respecto ás outras funcións.

Non é estraño que as verbenas constituan o reflicte lúdico máis importante para as persoas maduras e da terceira idade, que adoitan participar por medio do baile ou da contemplación directa das diferentes atraccións musicais. Non embargantes, a participación dos xoves é cada vez máis escasa se exceptuamos cando se celebra un concerto axeitado aos seus gustos. Non é estraño ver, como un bo número de xoves, aínda que haxa festa na súa comunidade, canalizan o seu lecer de cara aos pubs, discotecas e, nos últimos anos, a espazos abertos, onde o alcohol xoga un papel transcendente.

Finalmente, destas festas de sona, falaron moitos escritores da terra e do exterior. Como exemplos representativos, facemos mención de Noriega Varela, que nunha das súas estrofas vinculadas as San Lucas, dínos:
"As San Lucas me lembrou
aquel contar. ¡qué tres días
con tres noites! e ¡qué crías
van feirear!..."

Pola súa banda Álvaro Cunqueiro alude ás San Lucas do seguinte xeito:
"Todavía de los altos pastos, de las brañas y de la camposa, baja el caballar bravo y los potros que vienen en línea directa de los asturcones, alabados por el romano Plinius dixit-; la grea, es decir, la grey, corre por las viejas rúas, vivaz, hacia el ferial...

Pero el mular más apreciado aquí es meirego, es decir, del Cister de Santa María la Real de Meira, abadía que surtía de mulas de paso solemne y bandeado a las ilustres casas del Cister en España...

Cuando se invita a alguien a venir a Mondoñedo, a San Lucas, se invita, pues, a una feria medieval, en una ciudad antigua, que muestra sus años. Y la ciudad la tenemos puesta por quienes la fundaron, en el corazón de un valle hermosísimo, que precisamente ahora en otoño es mas rico que nunca en color."

NOTAS:
1. Dende primeiras hora da mañá moitas persoas pasaron polo recinto, admirando os resistentes cabalos que se crían nos montes que circundan Mondoñedo. Tamén presenciaron os negocios de compraventa, e o trato que se pecha cun simple apretón de mans.
2. Concurso de Andadura Galega na modalidade de Serrada (dous tempos). Concurso de Andadura Galega na modalidade de Chapeada (catro tempos). Premios: 1º-80euros; 2º-60euros; 3º-50euros; 4º-30euros para cada modalidade e trofeo.
3. Tanto estes xogos como os celebrados as 11,30 na Alameda de Os Remedios foron organizados pola Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo coa colaboración da Asociación O Pasatempo e da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
4. Foi realizada polo Curro do Campo do Oso de Mondoñedo.
5. Tanto nunha sección como na outra os premios foron: 1º-120 euros; 2º-70euros; 3º-50euros; 4º-30euros.
6. A sección de doma da Asociación Pura Raza Cabalo Galego levou a cabo a exhibición.
7. Pasarrúas a cargo da Charanga Mindoniense "Manca na Cheda".
8. Sesión Vermú a cargo da orquestra "Nueva Generación".
9. Remate das feiras e festas coa verbena amenizada polas orquestras Nueva Generación e Panorama.
10. Hai os seguinte premios: 1º-80euros; 2º-60euros; 3º-50euros; 4º-30euros.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES