Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As outras batallas

miércoles, 06 de abril de 2022
Destrución, sufrimento e morte é o que estamos a ver a diario. As guerras nunca son unha boa noticia e, aínda que agora está máis presente a de Ucraína, non debemos esquecer que hai algunhas máis. Ademais de ser inútiles e cobrar vítimas, provocan que a vida de moitas persoas cambie para sempre. As mortes só representan unha parte das consecuencias xa que nos países en conflito tamén viven persoas con diversidade funcional e as armas serven para xerar un gran número de mutilados.

Non rematan cando se asinen acordos de paz e os medios de comunicación deixen de informar. Os seus efectos perduran no tempo nos traumas dos sobreviventes con secuelas físicas e mentais. Outra vida empeza para eles. Terán que encarar unha dura historia que necesitará un longo proceso. O seu tráxico destino non pode deixarnos indiferentes.

Os problemas de calquera cidadán multiplícanse para os máis vulnerables que viven o día a día rodeados de dificultades. Contan con máis barreiras que o resto da poboación e a accesibilidade marca a súa existencia en países que non se caracterizan precisamente por ter moi en conta o colectivo. Se en circunstancias normais non é fácil, non me imaxino en situacións de guerra. Os que poden escapan, pero as persoas con diversidade funcional como farán? Nas escenas con miles de evacuados non se ven imaxes delas. En casos de emerxencia corren o risco de quedar abandonadas por fuxir as súas familias ou porque as longas viaxes non son aptas para elas.
As outras batallas
Sen restar importancia á destrución de cidades e infraestruturas, aos danos económicos... non deixo de pensar nos miles de feridos. Como afrontarán os efectos da guerra? Quen e como cubrirán as súas necesidades asistenciais? Ao meu pensamento engado unha motivación que me animou a escribir. Esa motivación foi a invitación a participar no recital poético "Versos por Ucraína" que tivo lugar no salón de actos do colexio dos Franciscanos o pasado xoves, día 31 de marzo. Unha invitación que me chegou de Toño Núñez e que agradecín por darme a oportunidade de facer presente a ese grupo silenciado.

Rapidamente pensei que a miña aportación tiña que ser o poema "Palabras a unha rapaza con muletas, unha tarde de domingo" do bo amigo Fiz Vergara Vilariño. Fala de soidade e discriminación, algo que coñecía de primeira man. Con el quixen dar voz a todas as persoas que terán que afrontar a nova situación e, o máis arrepiante, sen os medios necesarios. Claro que impresiona o número de mortes, pero non esquezamos que tamén quedan moitos mortos en vida que deberán seguir librando "outras batallas".
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES