Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

En Nogueira de Ramuín

miércoles, 24 de septiembre de 2008
A última homenaxe, polo de agora, en Nogueira de Ramuín (Ourense). Houbo moitas máis. Haberá moitas máis.

O Concello de Nogueira de Ramuín, xunto coa Deputación de Ourense e a Universidade de Vigo ven de descubrir na Praza do Outeiro de Faramontaos un monolito na memoria do profesor e pedagogo Alfonso García Rojo, represaliado nos tempos escuros da que se acordou denominar “Longa noite de pedra”.

Diante da casa-escola, diante dos sete fillos do homenaxeado e diante dos vecinos do pobo quedou constancia de lembranza e agradecemento a este profesor ó que agora se lle fai xustiza.

Houbo outras homenaxes a outros mestres, e haberá moitas máis. Porque o colectivo de mestres foi especialmente afectado pola represión. Moitos perderon a vida. Moitos, aínda conservando a vida, sufriron aldraxes, perderon a escola e abondo fixeron con sobrevivir.

Nun tempo de liberdades, ben está deixar en pedra, en bronce ou en papel, constancia da rehabilitación moral de xentes de ideas avanzadas que pensaban diferente da ideoloxía reinante, e que non tiveron máis culpa que ser consecuentes coas súas ideas.

Agora que podemos, sen máis afán que a xustiza, deamos ós mortos definitivo descanso gardando deles a memoria que merecen.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES