Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ó benquerido Emilio Insua, Cum Laude

miércoles, 06 de abril de 2022
Benquerido Emilio:

O pasado 19 de marzo presentaches en Viveiro, a túa vila natal, o riguroso estudo sobre o poeta Luis Sipos e non só iso, senón que o regalache a quen quixera lelo. A túa xenerosidade, unha vez máis, deixa abraiado a calquera sabendo que vives nun mundo de buxatos. Niste mundo tan material, un bó poeta coma tí, debera cobrar moi caro, como fan os altivos consagrados, sabedores de como somos e que o mundo non valora as xoias polo seu verdadeiro valor, senón polo prezo que cobran. Acórdate do mariñeiro e o xastre.

Chámame moito a atención que cada vez que regresas a Viveiro a presentar calquer traballo, xa sexa sobre Vilar Ponte o calquer outro, como agora Luis Sipos, a pesar da túa xenerosidade e o teu carácter conciliador e respetuoso co pensamento alleo, sexas sempre ninguneado por quenes deberan, non só agradecer a deferencia, senón solicitarche múltiples colaboracións, que seguro servirían excelentemente par enriquecer a cultura local. Desde lonxe, estarás a comprobalo xa hai algún tempo, a vida vese con otra perspectiva e saberás que agora mesmo acordáronse de Maruja Mallo e non esquecemos que Tí, e Carlos Nuevo, ganachedes o premio "Ánxel Fole".

Son moitos os eidos nos que tés estudos feitos rigurosos e extensos de persoeiros da nosa Vila, pero como ves tampuco hai nin memoria histórica nin recente. Sabido é que hai moitos refráns para ocasions coma ésta, pero sempre oín tamén que o silenzo é a mellor poesía.

Opinión miña é que hoxe cecais sexas o mellor epecialista galego na figura dos Vilar Ponte. Por deferencia vosa asistímos á presentación da túa tese doctoral e quedei abraiado da túa contundencia argumental.

Diré tamén que, se a excelente poesía de D. Antonio Prados está hoxe a disposición dos lectores e grazas a insistencia de Doña Remedios Durán, a súa Dona, e atopar en Tí a persoa axeitada para tan inmensa e grata labor. Isa obra de arte sirvenos a moitos como pan, luz, e fragancia para vida. E sei tamén que algún día D. Antonio será valorado como un dos grandes líricos españois e tí serás valorado polo fruto do teu esforzo.

Expricarche como é o noso Pobo a istas alturas da vida, sendo xa ti experto, non debera extrañarnos a ninguén. Maís cómpre non reparar na miseria allea e seguir sendo trballador incansable, estudoso riguroso e, aínda que sexas doctor e catedrático, seguir pola oscura senda, que ben coñoces como bó estudoso tamén do padre Sarmiento. Nalgún sitio lin que as veces o desamor é unha lección e o mellor é aprender dela.

Bueno, Emilio, como últimamente eu tamén me enrollo moito, só dicirche que foi unha gratísima velada escoitravos- tanto Juan Carlos, como Xaime Oroza foron excelentes e dignos compañeiros na labor enconmendada- e brevemente contestoche o que me preguntabas sobre Sipos: Dicíame na feira do libro de Foz xa fai anos, a docta Dona de Antón Meilán, o xa coñocido por tí e o amigo catedrático mindoniense en Oviedo, que a un poeta conocese por un só poema; que, se fai un ben, é suficiente; e que pode haber outros do mesmo autor que non che gosten. Eu penso o mesmo. De Sipos gustáronme máis dun: Una Lágrima, Dulces Mentiras, La Vida... Ata la Vuelta del Calvario valía, o meu entender, para o Programa Pregón da Semana Santa, pero doctores teñen eles.

Fiel a á promesa, e desexándovos que levedes ben o pasamento do voso Tío Pepe, unha aperta para todos e xa sabes, acó sempre.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES