Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As porcalladas gandeiras

lunes, 04 de abril de 2022
Recuncho Hebdomadario:
As porcalladas gandeiras

Moitos (eu mesmo) nacemos por enriba da corte das vacas e tirámonos media vida fochicando na propia corte: cando soltabamos as vacas para que saíran ó monte, cando prendiamos as vacas ó volver do monte, cando lles dabamos de comer e beber, cando estrabamos, cando sacabamos o esterco e mesmo, algunhas veces, cando se durmía na corte por se había que axudar a algunha vaca no seu parto; ou no cortello para que a porca non esmagase ó deitarse ós renchiños que acababa de parir. E todo As porcalladas gandeirasiso baixo un forte cheiro e, por suposto, arrodeados de merda, de merda de todos os animais que estivesen na corte e no cortello (coellos, galiñas, ovellas, burros, cans, gatos; unha auténtica mestura de animais domésticos en moi poucos metros cadrados). E, non obstante, vivín feliz entre fortes cheiros e porcas bostas, e paso xa dos 60 anos, ou sexa, que non morrín con tanto "malestar". Nunca sentín mareos, nin náuseas, nin reneguei (e sei que non renegarei nunca) desa vida "emporcallada".

Mentres que, agora, hai xente que busca e rebusca a forma de facerlle a vida imposible a algún labrego que aínda ten a súa explotación no medio dunha aldea. Porque se tiveron sempre aí. Porque, agora, non hai medios para facer outra corte ou granxa e trasladar a explotación ás aforas. A esa xente parece que lles fai dano o cheiro dos animais e, faltaría máis, luxan os zapatos cos excrementos das vacas (din excrementos porque lles queda máis fino que dicir merda; o nome de bosta xa non saben o que significa)

Pasou aí atrás no concello de Castrelo do Val e volveu pasar na aldea de San Xulián, na Rúa, onde dúas "señoritas" se queixan dunha explotación de 30 cabras, 46 ovellas e 11 vacas, segundo este propio xornal. Dúas persoas ás que as pulgas seica lles fan un pouco incómodo o seu bo vivir, os excrementos importunan os seus paseos e os malos cheiros xirínganlles, amólanlles a súa estancia. Porque, iso si, tales señoritas viven fóra, pero, claro, ó visitar unha ou dúas veces a aldea pásano mal. Por experiencia, sei que os que veñen de fóra, os que veñen cun mes de vacacións son os que máis protestan das incomodidades. E axiña se poñen a ordenar e dicir como hai que levar ou xestionar tal aldea ou cal vila; que se esta aira hai que reformala, que se este camiño de carros hai que asfaltalo, que se, Deus bendito, como se cisca este xurro que apesta, que isto noutros lugares non pasa, que se foran eles quen mandasen... as ladaíñas de sempre.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES