Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Daniel Pérez Pereira, Danip

sábado, 02 de abril de 2022
Daniel Prez Pereira, Danip Daniel Pérez Pereira nacera no Paradai lucense en 1934, pero era Danip para o mundo. Foi mestre. Puido ensinar na universidade pero o amor á escola non llo permitiu. A súa familia e amigos lucenses despedímolo o pasado xoves coa seguridade de dicir adeus a un especial lucense e destacado artista. Quixo a Lugo con toda a súa alma, e Lugo sempre foi o centro da súa arte.

Os lucenses sabíamos de Danip na distancia, pero puiden coñecelo persoalmente cando Alfredo Sánchez Carro creou a Asociación de Amigos da Muralla, e recuperou as "Revistas orais" para homenaxear ao monumento, e cada vez que esta "Revista" cobraba vida, Danip viña desde a Coruña a facer, en vivo e en directo, un debuxo sobre a muralla, con toque final de humor para compoñer un cadro vivo de amor por Lugo.

Sempre o acompañaba Rosita, a súa outra metade, mestra coma el, e cada visita viña ser como se gañase un xubileo vital pola alegría que lle daba volver a Lugo. Danip era o invitado fixo. Cambiaban os que falaban, os que asistían, pero Danip estaba sempre, cargado cun feixe de cartulinas e rotuladores; feliz.

Cando admirábamos a súa arte, quitáballe importancia, como se aqueles debuxos puidéramos facelos calquera de nós. As súas palabras eran sentencias, salpicadas de observacións pícaras, intelixentes, que lle facían brillar os ollos e nos descubrían o neno grande que levaba dentro. Os seus trazos eran firmes, seguros, de mestre que imparte leccións tantas veces explicadas.

Fóisenos Danip en corpo, pero quédanos a súa esencia, os seus debuxos, a súa familia, a súa lembranza. E desexamos que descanse en paz un home de paz, do que sempre gardaremos memoria garimosa dentro de nós.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES