Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

E fun a Lugo

lunes, 04 de abril de 2022
Con grande satisfacción porque a cidade de Lugo tivo sempre un lugar preferente nas miñas lembranzas cando comezaba a miña andaina polo sendeiro da Canción Galega. Precisamente o motivo arestora desta visita non foi outro que a presentación do meu libro 'Pasaba por alí e quedei un intre', no que repaso esa parte da miña vida incardinada na música da miña terra.

Chegar a Lugo con este propósito foi como rebobinar a casete e volver a vivir semellantes sensación como as pasadas, cando me achegaba por alí co meu disco aínda quente, recen saído da editorial para visitar Radio Lugo e Cope ou a redacción do diario El Progreso co gallo de atopar abeiro nalgún programa ou un pequeno espazo nas páxinas do xornal. Teño que manifestar que a xenerosidade das persoas que traballaban nos medios permitiu aquelas presentacións, cousa que se repite arestora, logo de cincuenta anos, nos mesmos lugares con diferentes profesionais, claro está. Tanto en Radio Lugo como no xornal El Progreso fun recibido nesta volta coa mesma amabilidade de hai medio século, e iso foi como sentirme na casa.E fun a Lugo
Baixo o abeiro do Vello Cárcere, un senlleiro ágora cultural da cidade, e na compaña de Xulio Xiz e de Baldomero Iglesias (Mero) presentes comigo na mesa, falamos do meu libro, pero tamén cantei un pouco poñendo ilustración a algún capítulo. Foi moi engaiolante para min partillar conversa sobre o contido do meu libro, pero se cabe máis, atoparme na compaña de tantos e tan bos amigos na presentación. Ademais de Xulio e Mero foi un pracer atoparme con Xesús Mato, imaxe viva daqueles primeiros Fuxan os Ventos que tantas ilusións espertaron en forma de cancións, e despois de tanto tempo, con Tonina Gay, exlocutora que sempre me abría as portas de Radio Lugo naqueles difíciles momentos de loita e reivindicación. Parece mentira que pasara tanto tempo e que xa non estean algunhas persoas que formaron parte de todo aquilo pero que quedaron gravadas no disco duro da miña memoria cada vez menos duro e menos seguro. Malia iso, hai cousas que non se esquecen e unha delas é a boa xente coa que me atopei naquela aventura.

E dito sexa de paso: a Lugo atopeina belida, chea dun encanto que nunca perdeu. Desfrutei camiñando polas súas rúas e pola súa muralla e indo de tapas na anoitecida.
Grazas meus amigos pola vosa hospitalidade e amizade.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES