Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 01 de abril de 2022
Unha verdade verdadeira

O que vou contar aquí pensaredes que é unha broma; pero non é tal. É unha verdade verdadeira que digo coa man dereita sobre o corazón. E este latexa a un ritmo normal.
Os meus pais puxéronme Gerundio e, por detrás, os amigos chámanme O Participio. Non acaba aí a graza ou a retranca. Nacín na aldea da Conxugación, que pertence ó Pingas de Orballo concello do Verbo. Agora pregúntome eu e preguntarédervos vós: quen ten máis mala leite, os meus pais, os amigos ou as casualidades? Aínda non rematei; non hai moito oínlle a un rapaz non sei que sobre o leito dun río. Eu non tardei en ir ó río Pluscuamperfecto para deitarme nel. Molleime, claro. Marchei á casa correndo e ó explicarlle ós meus papás o que pasara, tamén lle oín polo baixiño a unha veciña (esa veciña laretas que hai en todas as aldeas) que eu non era ben avisado. A verdade é que moi ben non a entendín. A min a miña mamá sempre me avisaba ben. Pero, xa digo, hai veciños e veciñas que moitas veces falan por falar.
Cando non estou no monte... (non digo o seu nome para que non collades isto de mofa), os pais déixanme xogar toda a tarde na aira de... (si, mellor puntos suspensivos) cos amigos. E iso que se meten bastante comigo dicíndome que son medio parvo (algunhas veces dinme parvo enteiro). Eu, para máis aquel, ríolle as grazas. Non, pegar non me pegan porque son moito máis grande ca eles. Ás veces noto como a veciña esa rexoubeira me mira con cara de pena. Non sei por que, pois eu sempre estou rindo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES