Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Día sen coches

martes, 23 de septiembre de 2008
Este luns, celebrouse en Europa o “Día sen coches”, que non deixa de ser un brinde ó sol, porque ven ser o mesmo que se se nos ocorre celebrar un día sen móbil ou día sen respirar, para contribuir a que non haxa tanta contaminación.

O do móbil, ven porque na actualidade é un fenómeno tal na nosa sociedade que, se facemos caso das cifras, quen non ten un ten dous. E hoxe en Galicia, un de cada catro nenos posúe un teléfono propio, téndose duplicado esta porcentaxe nos últimos cinco anos.

O de celebrar un día sen teléfono nin se nos ocorrirá porque sempre haberá detrás unha compañía subministradora que nos anime a utilizalo con fruición. O dos coches si, pero sabendo de antemán que se trata dun fracaso anunciado.

O día sen coches significou atascos nas zonas onde se podía circular, e pobre testemuña onde se podería notar. Pasa como con case todas as celebracións: O importante é o resto do ano, todo o ano, e non unha celebración. No do automóbil peor, porque é un artiluxio perfectamente necesario para acudir ó traballo, para o lecer, para a vida cotiá.

Día sen coches descafeinado, que pode resultar en lugares onde hai outro tipo de transporte que funciona axeitadamente, pero que na maioría dos lugares ten que pasar sen pena nen gloria xa que o coche é como unha prótese da que non podemos -nin queremos- desprendernos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania