Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 31 de marzo de 2022
Maís alá da gaita e pandeireta

As Tanxugueiras. As Tanxugueiras, ese marabilloso trío musical galego, acaba de demostrarnos unha vez máis a actitude ou condición da mente humana, da maioría do ser humano. Somos tan esperpénticos como a clasificación ou votación esa que fixo TVE para participar no próximo festival de Eurovisión.
Ata agora, a calquera que lle falaras da música galega, mirábate de mala maneira ou coma a un bicho raro, porque tal música era a mesma ladaíña de sempre, ou sexa, só gaita e pandeireta. E estes dous instrumentos semella que son coma un insulto ás grandes mentes mitómanas. Pero desde que aconteceu o barullo ese das votacións, a música tradicional galega pasou da noite para a mañá a ser defendida a capa e espada, con unllas e dentes coma se nos fora a vida niso. Ata agora moi pouquiños coñeciamos ás Tanxugueiras e, emporiso, a partir de xa, os lugares dos seus concertos estarán a rebentar, grazas a unhas circunstancias que nunca deberían ser as causas dos nosos gustos ou seguimentos.
Alégrome un montón por elas e oxalá que cada vez gusten a máis xente, porque son boas, moi boas. Pero dáme pena que a maioría das persoas as descubriran como as descubriron, que toda a súa fama veña precedida dun espectáculo ridículo e estrafalario e non duns temas musicais, dunha música que si vai moito máis alá da gaita e pandeireta, sen menosprezar, por suposto, estes dous impoñentes, e nosos, aparellos musicais. Nunca!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES