Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 30 de marzo de 2022
A Mosca

Quixen darlle unha labazada a unha mosca que zumbaba xunto ó meu nariz, pero a condenada soubo escapar. A ver, non quero matar a mosca nin tan sequera molestala (cada un está neste mundo para o que está ou vén a este mundo para o que vén), pero tampouco quero que ela me moleste a min. E estaba a amolarme. Todos sabemos que teñen fama de molestas, de aí o de "mosca cojonera". Por isto tamén son moi odiadas. E intentamos liquidalas de todas as maneiras e formas habidas e por Pingas de Orballo haber. Eu teño fama de cazalas coa man e poucas se me escapan. Precisamente se hai algo no que me podo considerar profesional é nisto. Son un profesional "achapando" moscas! O que lles fago despois, alá cada quen co seu pensamento.
Dicía que esa mosca en concreto andaba a zoarme por diante dos ollos e pousándoseme na cabeza, que, ó tela medio rapada, notaba incluso a molestia que me causaba a condenada. E eu dálle que dálle espantándoa. E ela segue que segue tentándome o xenio. Cando xa levaba unha ducia de veces braceando, prometinme que non habería unha décimo terceira vez. Deixei de facer o que estaba facendo e presteille toda a atención á mosca. Por fin cansou e pousou nun espello. Sabía que chegara a miña ocasión, aínda que dubidei ante o futuro reflexo da miña man. Non obstante, abrín esta e nun lóstrego, zas, xa notei como pelexaba no meu puño cerrado, como me facía cóxegas na palma da man. Por fin caera nas redes da miña profesionalidade. Agora cada quen que pense no seguinte paso.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES