Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Tratarase dun problema irreversible?

jueves, 31 de marzo de 2022
Din que cada problema ten a súa correspondente solución se lle poñemos remedio. De poñer remedio a tempo é do que se trata coa situación na que nos encontramos actualmente no tocante a administración do territorio.
Somos moitas as persoas que queremos respectar as leis da nai natureza, para que non se desequilibre o ecosistema que nos sotén a todos.
Porque todos formamos un todo co universo aínda que os humanos somos os seres superiores da Creación.
Somos os administradores de canto hai.
A veces confundimos administración con propiedade.
Ofrécesenos todo para que o disfrutemos e fagamos un uso racional de todo canto nos rodea.
Polo ben de todos, debemos coidar a casa común.

Pero: ultimamente, estamos comentendo algunhas imprudencias, sobre todo os países que nos consideramos "desenrolados":

- AS GRANDES URBES estanse convertindo, en lugares incómodos polo excesivo tráfico, a conseguinte contaminación do aire, a inseguridade ciudadana e outros problemas que inciden negativamente na calidade de vida, afectando á saúde física e mental das persoas.

Por eso a poboación urbana busca saír das urbes, nos momentos de lecer, para disfrutar das incontales ventaxas que ofrece a vida ó aire libre; aínda que as caravanas de tráfico presenten moitos problemas.

- NOS LUGARES TURÍSTICOS DAS COSTAS está pasando algo semellante.
Foi tanta a especulación urbanística nas nosas costas que chegamos a construir "pobos fantasma" que pasan as tres cuartas partes do ano completamente deshabitados.
Lugares de encanto estámolos borrando do mapa para convertilos en víctimas do asfalto e do ladrillo.

- E NO INTERIOR, onde non teñen mar, aproveitan a montaña para tansformar bosques frondosos en urbanizacións de luxo que só disfrutan uns privilexiados en detrimento da fauna, da flora e da paisaxe natural para disfrute de todos...

¿Por qué suceden esta cousas?
Porque construímos urbes masificadas nas que vivir chega a ser agobiante, mentres que abandoamos os pobos e vilas ó longo e ancho da xeografía rural.

¿Cumprirá un mellor reparto poboacional?

Se o medio rural está habitado, son os mesmos habitantes os que o coidan. En caso contrario, queda todo abandoado para rematar sendo pasto das chamas, producindo erosión, morte de moitas especies aninais e vexetais, seca de acuíferos, desolación, pobreza...

Cada vez son máis os lugares nos que está avanzando a desertización cos efectos adversos que esta produce.

¿Deberían as autoridades competentes replantexarse outro ritmo de vida para as xeracións futuras?

Tal vez...
CREAR ALICIENTES PARA QUE OS POBOS E AS ALDEAS SE ENCHAN DE VIDA:
- Premiar a a natalidade para o relevo xeracional.
- Adultos que van e veñen das súas faenas.
- Anciáns que rematan a súa traxectoria vital no sen entorno...

- INVERTIR EN SERVIZOS NO MEDIO RURAL:
- Escolas que fixen poboación.
- Centro de atención primaria.
- Comercio dos productos de proximidade.
- Industria de desenrolo sostible.
- Igrexas para o culto e a conservación das tradicións.
- Gardeirías.
- Centros de día para persoas con discapacidades varias.

¿Non deberíamos preguntarnos se administramos adecuadamente a gran riqueza que temos ó longo e ó ancho da xeografía?

¿Non deberámos replantexarnos unha mellor maneira de administrar o territorio e a riqueza que a nai natureza nos ofrece?

¿Será posible vivir con benestar e felicidade?

"BENESTAR E FELICIDADE".
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión e pola súa aportación a unha mellor calidade de vida para todos.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES