Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Merlí sapere aude

miércoles, 30 de marzo de 2022
Rematei de ver a secuela de Merlí. É unha continuación na que un alumno (Pol Rubio) decide facer filosofía seguindo o camiño do seu profesor. O cambio do instituto á universidade está moi ben tratado e, desta volta, mestúranse os poderes adquisitivos e as diferencias. Lonxe de ser un elemento de rotura, é un elemento de unión que os personaxes aproveitan para ver a vida dende distintas perspectivas: a perspectiva de quen o ten todo, a perspectiva de quen ten que traballar para estudiar ou a perspectiva de quen emigra e loita por unha vida mellor. As persoas que representan estas perspectivas na vida real estarían moi afastadas, en troques están a compartir un aula de filosofía.

Por outra parte, temos a pedagoxía da pregunta que a maioría utiliza como metodoloxía esencial. A serie ábrenos a mentalidade cara á diversidade, cara ao respecto e cara ao coñecemento mutuo como maneira de cambiar o mundo.

O que se leva desta serie, como xa pasou con Merlí, é metodoloxía: a importancia fundamental de que o profesorado teña a humildade de reducir ao mínimo a clase maxistral e escoitar. Cada profesión leva consigo unha filosofía profesional que vai incrustada na filosofía persoal. O alumnado precisa coñecer esa filosofía pero, tamén, ser escoitado cando a transforma dentro de si porque, só así, poderá ser consciente de se elixiu ben a profesión que quere desenvolver ou non.

Unha visión interesante sobre a que calquera docente pode reflexionar.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES