Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O bispo comparte a memoria do 72

martes, 29 de marzo de 2022
O novo bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, don Fernando García Cardiñanos, compartiu coa crase obreira e pobo en xeral a memoria do quincuaxésimo (50º) cabodano dos sucesos do 10 marzo-72 de Ferrol. Resulta ser esta unha grata nova, pois non só non é frecuente que a xerarquía da Igrexa en xeral, salvo casos moi contados, aparezan compartindo estas manifestacións obreiras, máxime cando se trata do rexeitamento dun crime franquista, este bispo, emporiso, tivo interese de estar achegado ao pobo, mesturado como un máis na memoria dos asasinatos de Amador e Daniel daquel crime da policía franquista.

Xa puxera interese en coñecer e conectar coa problemática obreira cando tomou a iniciativa de facer as primeiras visitas en Ferrol ás centrais sindicais e coñecer de primeira man o seu maior problema de Ferrol, que é o paro.

Non só asistiu o bispo á conmemoración da memoria do 72, senón tamén aparece o seu "escrito Ferrol 72" na páxina web de da diocese, www.mondnedoferrol.org onde salienta a postura da Igrexa de Mondoñedo-Ferrol naqueles lutuosos sucesos.

É de agradecer que, por fin, o bispo desta diocese dirixa estas loas á Igrexa e nelas a don Miguel Araúxo: "Temos que estar orgullosos pois a Igrexa de Mondoñedo-Ferrol de daquela soubo compartillar providencialmente co pobo os seus gozos, loitas e esperanzas". Pois desta maneira queda, xa que logo, defendida publicamente a actuación da Igrexa, presidida daquela por Miguel Anxo Araúxo, quen sufrira vilipendio precisamente das autoridades civís, militares, policiais e garda civil, mais tamén, incomprensíbel, de varios eclesiásticos, por ninguén até agora quedara restabelecida a súa fama. Aos dous anos de dimisionario como bispo de Mondoñedo-Ferrol, na súa terra natal de Ourense, puxo en claro os feitos, sobre todo no que toca á súa persoa, no libro titulado Escritos Cristiáns sobre problemas, personaxes e conflictos de Galicia.

Apreciamos un pastor, senón galego, como lle pedíamos ao papa Francisco a comezos do ano pasado, sexa un burgalés quen veña co espírito renovador de Vaticano II, e afín a este Papa que lles encarga aos bispos “pasar dunha pastoral de mera conservación a unha pastoral decididamente misioneira”.

Afirma no seu escrito "aqueles momentos históricos dos nosos soños e loitas comunitarias, esforzos de moitas persoas, ideais... na loita pola liberdade, democracia... e pola xustiza". Queremos comprender estas verbas como unha expresión sincera da súa solidariedade coa clase obreira naqueles duros enfrontamentos coas autoridades do réxime ditatorial cuxa resposta non foi desculparse polos mortos, senón unha dura represión de avultadas sancións económicas e cadea de moitas persoas. Esta solidariedade faltara daquela na xerarquía eclesiástica, que non acababa de desprenderse do franquismo, e aínda hoxe despois de máis de corenta anos de democracia segue a saudade do nacional catolicismo. Pois o que hai que facer xa definitivamente é o que nos deixou escrito don Miguel Anxo: "Non se pode negar que a Igrexa española, na súa xeneralidade, se puxo de parte de Franco. E isto non deixa de ser un pecado do que ten que pedir perdón aos españois".

Volvendo ao escrito no que reflicte o bispo un concentrado de perspectivas humanas, sociais e evanxélicas nas que "pretende ler esta historia para que siga a ser a nosa mestra neste intre: reivindicación dun traballo digno, a dimensión social da fe, o Reino de Deus do Evanxeo que é quen de xerar historia de fraternidade, de xustiza, de dignidade, de felicidade e plenitude, e de loita pola liberación dos pobres". Agradecémoslle estes proxectos compartidos connosco e dámoslle ánimo para levalo a cabo.

Por certo, que o caravel vermello depositado polo bispo no monumento ás vítimas de Amador e Daniel, sexa un símbolo dunha Igrexa que cambia cara a clase obreira.
Ferreiro Currás, Anxo
Ferreiro Currás, Anxo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES