Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 29 de marzo de 2022
Cinco elefantes

Non sei que dicir. Pasmado estou. Acaban de pasar cinco elefantes voando sobre a tea dunha araña. Non se bambearon! Aconteceu no atallo, xusto onde se cruzaba de valado a valado a arañeira. Non obstante, o meu asombro maiúsculo non foi tanto por ver voar ós elefantes nin porque non se bambearan (sinceramente, a tea da araña non Pingas de Orballo aguantaría por moito que se diga ou se cante a ladaíña esa), senón porque... que carallo pintan cinco elefantes africanos en Galicia e, máis en concreto, na Galicia profunda!
Eran africanos. Noteillo no movemento das orellas. Movíanas de tal forma que se notaba ás leguas que era para espallar ou esparexer o po do Sáhara que se lles pegara á causa da suor. Tiven un instantiño de dúbida cando lles quixen falar. Porque quixen facelo, pero axiña pensei que para que. Non me entenderían. E moito menos cando lles falase en galego. Lembrade que eran africanos.
Botei un bo cacho véndoos voar. Porque voaron á meu arredor e dándome a impresión de que me coñecían. A min, que nunca saín da Galicia profunda! Pero debeu ser unha ilusión miña, pois xusto no momento en que pensei que me coñecían, un, creo que o máis vello, fixo outra cousa que me deixou aínda máis apampado: que se meteu pola bufarda dun faiado. Claro que, non tardou en saír e, ó facelo, fíxoo cun bramido ou bruído arrepiante e, intuín, tristeiro. Non tardaron os cinco en perderse de vista.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES