Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Instituto Español en Roma. Anos 1964-1971

lunes, 28 de marzo de 2022
Durante ese período o Instituto segue coa mesma dinámica positiva dos anos precedentes, a pesar da escaseza de medios económicos, materiais e humanos, aporta valor nas diferentes áreas: aulas, biblioteca, consultas bibliográficas, asesoramento en teses de doutoramento, conferencias, congresos e publicacións.

Eugenio Montes é un mestre, tanto na eficiencia como na eficacia dos recursos, con mínimos medios, é capaz de crear un equipo de alto rendemento, no que a ecuación rendibilidade esforzo está moi equilibrada, dando resultados excelentes, tanto en calidade, variedade e cantidade.

O traballo de Montes, é sublime, ensina as materias de Historia da Arte Española, Historia da Literatura Española e dous cursos de carácter monográfico, que van mudando ano a ano; imparte conferencias, tanto no propio centro como noutras institucións e universidades; atende ás consultas bibliográficas; publica en varios medios e asesora, máis ben dirixe, numerosas tesinas e teses de doutoramento que se defenden en diferentes universidades italianas, (anexos 1 e 2).

Soio unha mente privilexiada, xunto cun traballo intenso, pode acadar eses resultados extraordinarios, eu visualizo a súa actividade como un estado de fluidez continuo, no que as metas, a modo de retos, dinamizan as súas múltiples capacidades, coñecementos e intelixencias, que lle permiten optimizar o tempo de forma eficiente e impiden que se estrese ou se aburra. Se a toda esa actividade lle engadimos as horas que invertía na biblioteca do Vaticano, semella que apenas tiña tempo para descansar, (anexo 3).

Hai un dato significativo, que se repite, desde o Ministerio de Asuntos Exteriores, por tres veces e unha desde a embaixada en Roma, reclaman a memoria de actividade dos anos 1964-65, 1966-67 e 1969-70 (ver anexos 4, 7 e 8). A carga de traballo, o cansazo e a idade, ben poden ser os factores causantes deste retraso, que por a información anterior non era habitual en Montes.

Curso 1964-65:
O número de alumnos matriculados é de 146, "Los alumnos son en su totalidad italianos, excepto acaso un diez por cien norteamericanos e ingleses y algún que otro eslavo" (anexo 2).

Curso 1966-67:
Temos información detallada do orzamento, 13.800.000 liras. É curioso o redondeo, non aparecen cantidades intermedias, vai de cen en cen, nin cifras decimais, entendo que Montes utilizou o redondeo a alza (anexo 5).

Tendo en conta que o tipo de cambio estaba aproximadamente en 10 liras = 1 peseta, e que tanto a cesta da compra como os diferentes produtos e servizos eran sensiblemente superiores en Italia, o poder adquisitivo era baixo. O salario mensual do Director era de 200.000 liras, que traducidas a pesetas eran 20.000, afortunadamente tiña a vivenda gratis.

A actividade do Instituto, nese ano académico supera en cantidade e en calidade os resultados logrados en anos anteriores, "(...) esta dirección tuvo que cerrar la matrícula por haberse alcanzado el límite de capacidad del Instituto con el número excepcional de 180 alumnos". Desenvolveuse unha excelente labor en todos os ámbitos do Instituto, é de destacar o asesoramento para a preparación de vinte teses de doutoramento e de trinta e cinco tesinas, (anexo 6).

A información dos cursos 1967-68 e 1968-69, non a temos na documentación, en cambio si temos ben detallada a do curso 1969-70, (anexos 9 e 10).

Como novidades contamos coa información que lle fornece o Instituto a televisión italiana para diferentes programas culturais sobre temas tan variados que van da arte a literatura, pasando por a pintura e a arquitectura, a modo de exemplo temos: "Ardiente oscuridad" de Buero Vallejo; "La visita que no llamó a la puerta" de Joaquín Calvo Sotelo; "El landó de seis caballos" de Ruíz Iriarte; "El Cid Campeador"; "La Europa de Carlos Quinto"; "Velázquez"; "La Alhambra de Granada"; Teatros romanos fuera de Italia"; "La arquitectura de Gaudí"; "La pintura de Dalí" e "El Museo de Arte Abstracto de Cuenca" e "Islas Canarias".

Unha segunda novidade é a incorporación do asesoramento para a preparación das tesinas que requirían o ingreso na Carreira Diplomática, os temas preparados por os diferentes opositores foron: "Gibraltar y España"; "Carlos III y los napolitanos que se llevó a España"; "España en la guerra de Monferrato"; "Las reivindicaciones españolas según Castiella y Areilza"; "El pensamiento sociológico de Ortega y Gasset"; "Huellas arquitectónicas de España en Roma y en Nápoles"; "La protesta de Fray Bartolomé de Las Casas y la conquista de América"; "Antonio Machado: Poesía y Filosofía"; "Formación Caballeresca deportiva a través de las crónicas españolas del siglo XV"; "La escenografía en el teatro español"; "La obra de Juan de la Cueva"; "Juan de la Encina en Italia"; "Los cantares de Trueba y el País Vasco".

A todo isto hai que engadir que: "Se le ha dado asesoramiento y consejo, información bibliográfica, libros y revistas para las siguientes tesis doctorales": "La poesía de Góngora"; "El barroco en España y América"; "El teatro de Buero Vallejo"; "Pedro Antonio Alarcón y su viaje a Italia"; "Personalidad y Obra de Juan Ramón Jiménez: análisis estilístico y crítico"; "Pedro Berruguete en el Palacio Ducal de Urbino".

Enumero estes tres apartados para que o lector tome conciencia do inmenso traballo, a dedicación, a xenerosidade e o compromiso de Eugenio Montes. Grazas a interrelación das múltiples intelixencias, das fortalezas da memoria a longo prazo, do extenso arquivo memorístico, das capacidades de relación, do profundo coñecemento dos clásicos, modernos e contemporáneos e do estudo diario para actualizar esa inmensa base de datos, se pode abarcar tanta actividade, tan variada, de tanta calidade e durante tanto tempo.

No ano 1971 pasa a situación de xubilado, e queda no Instituto como Director Honorario, cun salario de 250.000 liras, que convertidas en pesetas, sería 25.000, (anexo 11). Comeza de novo a traballar de correspondente do ABC e inicia as colaboracións en Televisión Española e Radio Nacional, con temas de historia, arte e literatura, onde o mundo clásico e o romanticismo van e ven de Italia a España e de España a Italia, que narrados por Montes, semella que acaban de acontecer ou mesmo están acontecendo.

A estancia en Roma finalizou no ano 1977, en xaneiro de 1978, con notable retraso, leu o discurso de ingreso na Real Academia sobre: "El romanticismo de los clásicos", o 30 de outubro é nomeado Académico de Belas Artes, o discurso de ingreso sobre: "Miguel Ángel en el jardín de los Medicis", foi lido por un netos o día 29 de xuño de 1980", o 13 de xaneiro de 1979, sofre un hematoma cerebral e o 28 de outubro de 1982, falece en Madrid. Fóísenos o intelectual, o home de ben, intelixente, xeneroso e nobre, afortunadamente a súa obra quedounos para aprender e gozar dela, agardando o momento, no que se estude sen prexuízos, tics sectarios e con madurez intelectual, tendo en conta o seu tempo, o seu modo e o seu contexto. Eugenio Montes foi un Polymath, fillo da terra, a que amou con paixón, orgullo de pertenza e devoción.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES