Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Bromas á parte

lunes, 28 de marzo de 2022
A pandemia do Covid-19 creo que a collemos ó principio bastante en broma. A guerra Bromas á parteruso-ucraína tamén pensamos que era unha fanfurriña dese tipiño chamado Putin. A folga dos transportistas intuíamos que podería durar tan só dous ou tres días, ata que o Goberno tomase cartas no asunto.

O virus xa fixo dous anos que se instalou nas nosas vidas. O Putin leva xa máis dun mes cabalgando polas estepas da destrución e da morte. E os transportistas seguen reclamando o que realmente lles pertence, pero como o Goberno semella que non quere xogar á brisca, pois xa levan tamén unha semana que está a repercutir, e de que maneira, na nosa forma de vivir. Hai que ver á xente correndo dun supermercado para outro porque os produtos escasean á velocidade do AVE. Ou simplemente tamén chega con ver ás persoas como se quedan ante os estantes practicamente baleiros. Algúns, os más peliculeiros, chegan a pensar mesmo en situacións ou estados apocalípticos.

Como xa confesei en algunha ocasión, imos ter que darlle a razón ós máis vellos cando, drasticamente, por veces, nos din que haberá que romper de novo os montes e as leiras. Eu, por se aquel, e en principio, o sábado xa sementei patacas. Non vaia ser que a guerra se alongue deica alá o mes de setembro. E, coidadiño, que xa lin por aí que ía para tempo. É certo que só de patacas non vive o home; pero unha leituguiña aquí, uns repolos alá, uns chícharos nun recanto, unhas xudías no outro e, polo medio, unhas verciñas xa temos con que facer o caldo.
Bromas á parte
Bromas á parte, o asunto da guerra, a maiores da destrución e das mortes, trae os milleiros de refuxiados. Desprazados que nos están a demostrar que a boa vontade, algunhas veces, vai en contra da lóxica, da realidade. Esa realidade na que, si, é moi bonito lanzarse en tropel na busca deses ucraínos que foxen das bombas, pero... e despois que? Mesmo semella que seica xa hai situacións que se saíron de nai, chegando a falarse incluso sobre a trata de persoas. Ou o que é o mesmo, que saíron do paraño para a cinza. Ante isto, creo que se actuou moi á lixeira, con moita bondade pero tamén con certo grao egocéntrico.

O tema dos refuxiados, ó meu entender, tiveron que levalo desde un principio certos organismos oficiais e non eses particulares ou pequenos grupos que se lanzaron a unha carreira para ver quen a tiña máis grande, quen era máis bondadoso, máis voluntario. Un gran embarullamento que, certo, non habería tal se non houbese esa puta guerra que si está a repercutir en todo e en todo o mundo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES