Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A precio de saldo

lunes, 22 de septiembre de 2008
Este é o momento de facer negocio, o momento de comprar. Derrúbanse empresas que ou son absorbidas –chámese como se queira á fórmula- polas administracións, ou mercadas por cantidades irrisorias por outras que no mercado suponse que estan en mellores condicións para manter o tipo.

Teñen problemas empresas que normalmente están fóra da problemática económica, aseguradoras e bancos, por agora non españolas, que sofren unha crise da que non se sabe ben se son antecedente ou consecuencia, se son causantes ou perxudicadas.

Cando é o Estado o que se fai cargo da empresa problemática, quere dicir que todos pagarán –pagaremos, no caso español- as consecuencias dunha mala xestión. Cando é unha empresa, hai que eliminar a presunción de solidariedade e incluir a posibilidade dun excelente negocio.

As fusións ou absorcións están á orde do día, con cifras que se escapan á nosa normal comprensión, pero sempre moi lonxe, o que non quere dicir que esteamos libres de que aquí pase algo polo estilo, e xa o presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, se encargou de afirmar que dada a nosa situación económica, non hai que descartar que entidades españolas se fusionen ou concentren para evitar ter que declararse quebradas.

Ó mellor deste xeito deixa de haber tantos inconvintes para que as entidades de aforro galegas se unan nunha soa caixa forte -desaparecendo os localismos de norte e sur- que poida afrontar os difíciles tempos que aínda nos quedan por ver.

En tanto, en tempos de dificultades, é o momento dos buitres. Quen teña garras, ambición e vista, seguro que fai excelentes negocios en tempos en que os negocios parecen estar pechados para todos os demais.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES