Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'Bo tempo' de Alberto Díaz, a propósito de Raimundo Patiño

jueves, 24 de marzo de 2022
O 30 de xaneiro, cando o calendario das Letras nos trouxo a Raimundo Patiño, un dos carteis de ilustradores que o celebraban era o de Alberto Díaz, un mozo que sen ser galego tiña conectado co mundo de Patiño na súa esencia ideolóxica e artística. El representa "O xuramento de Laracha" nunha imaxe bicolor desa noite cos catro mosqueteiros subidos aos cons pondalianos.

Conta a historia dun neno que coñece a ese estraño creador e activista, que era 'Bo tempo' de Alberto Díaz, a propósito de Raimundo PatiñoRaimundo Patiño, a través dun tío pintor. E esta historia vai ser a que dea lugar ao cómic Bo tempo, na cuberta do cal vemos, de novo en bicolor, un Raimundo descuberto baixo a chuvia e rodeado de paraugas. Porque o fío que cose esa historia ten que ver con este home que precisa da auga como da terra e que ten na chuvia unha referencia profunda. Dende o encontro con Xohán Casal ("señor Patiño, é vostede amigo da chuvia?" a modo de contrasinal), a creación da Liga Nórdica, a forma na que a bota de menos en Madrid ata o punto de saír a mollarse cando chega, porque a chuvia é Galicia, esa terra feita de auga, modelada polos ríos.

Alberto Díaz "Pelorroto" recolle un prólogo de quen mellor o coñeceu, Xaquín Marín. Marín, recoñece as emocións de Díaz ante Patiño e "lamenta non ter gravadas as súas vivencias co Rei - Mundo", ao tempo que se aleda de que este o faga; define a Patiño como un volcán en teimuda erupción imaxinativa e así o mostra nun debuxo de 1988, saíndolle da cabeza a lava creativa dos mundos. Xa o di Marín, "esta obra contén un relato onde as viñetas se suceden ao xeito tradicional, perdendo os bordes e a forma, deixando paso a textos, fotos ou gravados e pinturas do propio Patiño, de forma que a montaxe resulta dunha frescura e axilidade engaiolante".

Dividida en capítulos, é introducida por uns cadros nos que Raimundo abre surcos no campo, debuxando o seu imaxinario, cunha ferramenta que aínda non estaba inventada.

Continúa cunha breve biografía dos camiños pola Coruña, Monforte, Madrid; conta como vai creando plataformas (A Gadaña e Brais Pinto) comeza a súa etapa de gravador no obradoiro de Papagueorguiu ou no Taller de los Parias. Nos sesenta sacando á luz o manifesto "A arte disgregada" ou creando a UPG. Nos setenta fundando o taller Redor, a primeira galería experimental da capital, onde expón en 1973 O home que falaba vegliota (nun cómic mural de viñetas serigrafadas de grandes dimensións co texto integramente en galego, ese vegliota perseguido a través dos séculos polos réximes globalitarios). En 1975 publica xunto a Xaquín Marín, o primeiro dos cómics galegos Dúas viaxes "onde reflexiona sobre a cultura galega e a súa inclinación permanente cara ao desastre", en palabras de Pelorroto. Nos 80 incorporándose ao grupo Atlántica e mostrando os seus cadros. Conta como despois da súa prematura morte se publica o seu segundo cómic con Xaquín Marín, O home que falaba arameo, e o libro de poemas Bandeiras neboentas que databa do 59. Remata o autor, este apartado, cun texto que debemos lembrar "Un creador irrepetible, que pasou por Madrid como fai un actor secundario, sen deixarse ver máis necesario. Tan inclasificable como auténtico. Tan "prematuro" como para saberse condenado á incomprensión nun período gris e en retroceso" que non rematou.

Seguen planas arredor de momentos distintos, sempre pillando a alma, "O pozo" (en Madrid nin sequera as buguinas traen rumores do mar) para mostrar a súa sensibilidade afastada do postureo, "As sardiñas" (onde o neno descobre a verdadeira arte debaixo dos olores e sabores), "Inventario" (dunha obra dificilmente sometida a parámetros comerciais), "Activismo" (dende aquela primeira intervención de pegatinas "Galiza ceibe" nas rúas madrileñas), "Brais Pinto" (xermolo da UPG e tantas cousas), "Saída de emerxencia" (cos pesadelos do caos), "O proceso" (as reflexións que o fan bambear loitando pola coherencia), "Os símbolos" (repasándoos para rematar nesa gota que o é todo), "Bo tempo" (a busca da chuvia e das sensacións táctiles do país), "O sol ponse por Galicia" (Non sei por que nos imos de aquí... seguramente para volver) e uns anexos aos que non se poñen nome.

Pelorroto déixase envolver pola engurrada dun creador inmenso, déixase anegar e vai sacando fragmentos dunha vida e unha obra que aínda hoxe non é comprendida tal como mostra nas últimas páxinas, cando visita unha exposición cos fillos que mostran o seu descontento e el lles contesta "xa gustaredes das sardiñas".

Unha obra imprescindible no ano de Raimundo Patiño, feita dende o cómic, a admiración e o traballo reflexivo - creador que debería guiar cada intervención. Por iso, ademais de volver a Patiño, descubrimos a Alberto Díaz e quedaremos con ese nome para o futuro, dende agora, estaremos pendentes da súa obra.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES