Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - jueves, 24 de marzo de 2022
Unha pastilla de xabón

Aínda que sempre fun un pouco covarde, de cando en vez danme arroutos ou éntrame algo así como unha febre e actúo sen importarme moito as consecuencias. É dicir, que por veces son un botado para adiante. O outro día quixen experimentar como se estivera nunha película, cando a algún personaxe se lle pon por medio, no chan, Pingas de Orballo unha pastilla de xabón. Así é que, sen andar con panxoliñas ou sen andar con días santos (que é o mesmo), collín camiño do cuarto de baño e que sexa o que Deus queira.
Eu, por un lado, sabía que aínda que me esnafrase ás primeiras de cambio, ó mellor tiña a sorte de que o trompazo non fose moi grave a causa de que o cuarto de baño era pequeno. Se había sorte, ata poida que nin chegase a caer. Abrín a porta, axexei todo o que puiden axexar, erguín a perna dereita, pechei os ollos e deixei caer o pé sobre a pastilla de xabón.
Queredes saber que non recordo nada? Tan só sei que estou deitado nunha cama de hospital, coa cabeza practicamente toda vendada e coa sensación de que, efectivamente, a rachei. Mesmo me dá a impresión de que grazas á venda non me escorregan os miolos pola cara abaixo. O peor é que non teño a quen lle preguntar. Estou só e medio suando a causa da angustia porque non sei que pinto aquí desta maneira. Chamei a alguén e apareceu unha señorita cun cacho ceo na boca que me dixo non sei que dunha pastilla de xabón. De cando en vez tocábame na cabeza e miraba os dedos a ver se vía miolos neles. Non vendo nada, botei a durmir.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES