Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Santuarios e festas do Concello de Mondoñedo (9)

miércoles, 30 de marzo de 2022
As San Lucas de Mondoñedo (3)
As San Lucas na actualidade

Neste século, houbo anos nos que as festas comezaron o día 16 de outono e remataron o 20 do mesmo mes. Cada un dos días tiña asignado un nome: o día 16, día dos "Revésperas"; o 17, día dos "Vésperas"; o 18, día de "as San Lucas"; o 19, dia do Medio; e o 20, dia "das Maulas".

No ano 2005, as feiras e festas celebraronse dende o día 14 ata o 19 de outono, sendo o día principal o 18, dia propio de S. Lucas (1).
Santuarios e festas do Concello de Mondoñedo (9)
O día 14, ó serán, lanzaronse potentes bombas e voltearonse as campás da catedral para anunciaren o inicio das feiras e festas. Logo, as autoridades do concello, acompañados da reina e damas de honrra, así como dos Cocos e Cabezudos, inauguraron a iluminación que ía ter a vila durante as festas actuais, así como o feiral da Alameda. A continuación, no salón de actos do Instituto, o coengo da catedral mindoniense D. José López foi encargado de pronunciar o pregón das festas do presente ano. Á noite dúas orquestras amenizaron a primeira verbena popular das festas.

O día 15, diferentes grupos levaron a cabo pasarrúas pola vila. Logo, ás once da mañá, inaugurouse a terceira mostra de oficios tradicionais e productos artesanais, que permanecerá aberta ata o próximo día 18. Os once expositores que interviron na mostra, estiveron ubicados no interior dunha carpa duns 100 metros cadrados, que habilitou o concello e que estivo situada na praza do mesmo nome. Estes expositores tiveron como finalidade proiectar ao exterior os seus traballos de ourivesaría , productos de prata, zocos e zocas, cerámica, coitelos, obxectos de decoración etc.

Este mesmo día, no campo coñecido como "A Granxa", ábriuse ao público a "feiramostra as San Lucas", que ata o día 18, amosou diferentes marcas de coches así como maquinaria agrícola e industrial.

Denantes de xantar, celebrouse unha breve sesión musical, e á noite dúas orquestras encargaronse de facer agradable a espera aos centos de persoas, que agardaban o concerto do duo madrileño "Pereza", previsto para as doce na praza da catedral.

Os días 16 e 17, diferentes grupos realizaron pasarrúas pola vila. Logo, celebrouse denantes do xantar unha breve sesión musical, e á noitiña dúas orquestras deleitaron ás moitas persoas que participaban na verbena.

O día 18, día principal das festas, sairon os Cocos e os Cabezudos, e diferentes grupos levaron a cabo pasarrúas pola vila. Neste día, a comisión de feiras e festas, e as autoridades do concello inauguraron a "feira equina", situada no campo dos Paxariños.

A feira de gando cabalar convírtiuse nun importante foco de atracción para todo o sector gandeiro equino. Os propietarios das cabanas de gando equino colocaronse, dende primeiras horas da mañá, no campo dos Paxariños. A organización destinou 5000 euros para impulsar este mercado, que o ano que ven cumpre 850 anos de Santuarios e festas do Concello de Mondoñedo (9)celebración ininterrumpida. Deste presuposto, case 4000 euros destinaronse aos diferentes premios da feira (2).

No recinto feiral concentrabanse habitualmente unhas 1000 reses e, mesmo, máis, procedentes de lugares con tradición de gando de monte, como Argomoso, Curros e Campo de Oso (Mondoñedo), a Gañidoira (Muras), o Cadramón (Valadouro), Montouto e Labrada (Abadín), Moeche (Ferrolterra- A Coruña) etc.

No ano en curso -2005- unha folga do transporte deu lugar a que a feira de animais do feiral foran cabalos e eguas de poucos anos. Tamén, houbo algúns équidos amaestrados e preparados para a monta. Os seus prezos oscilaron segundo a idade e calidade do animal. Segundo Casiano Folgueira (Santa María Maior-Mondoñedo), os poldros correntes venderonse entre 100 e 150 euros. Non embargantes, unha boa poldra podía chegar a costar ata os 500 euros. Francisco García (A Pastoriza), díxonos que os poldros algo bós podían chegar a costar ata 300 euros. Unha egua de calidade non se encontra por menos de 350 euros. Un cabalo amaestrado e disposto para a monta, podía chegar a valer uns 600 euros.

Respecto aos actos oficiais incluídos no programa festivo, cómpre salientar que os concellos de Ferrol e Mondoñedo reforzaron este día o seu irmanamento con varios actos conxuntos entre corporacións. A partires de agora, cada día grande das San Lucas, a corporación ferrolá, acompañada polos veciños que queiran sumarse, virá a vila mindoniense. E o día de S. Xosé, os mindonienses acudirán a Ferrol. Non embargantes a idea é que o irmanamento teña un carácter participativo, que deberá traducirse na reivindicación conxunta das orixes da Diócese e do legado espiritual dos primeiros bispos bretóns, na promoción de rutas turísticas que axuden a promocionar internacionalmente o patrimonio de Ferrol e de Mondoñedo, na protección do patrimonio monumental diocesano etc.

Ademais, o Real Coro "Toxos e Frores" de Ferrol, co gallo de cumprírense os cincuenta anos da publicación de "Merlín e familia" do escritor mindoniense Alvaro Cunqueiro, utilizou este día de As San Lucas para conceder o premio das letras de Bretaña ó escritor chairego Darío Xoán Cabana e tamén galardoar a once personalidades por manter vivo o espírito do devandito escritor. Así, citamos a Enrique Cal Pardo, Xosé Manuel Carballo Ferreiro, Félix Villares Mouteira, Ramón Loureiro, Carmiña Cunqueiro, Francisco Fernández del Riego, Francisco Mayán Fernández, Esperanza Piñeiro, Ramón Pernas, Xulio López Valcarcel e Manuel Montero.

NOTAS:
1. Houbo anos, como no 2006, que os festexos duraron dez días. De tódolos xeitos as festas adoitan durar cinco días.
2. Premios da Feira mindoniense: Ano 2005. (1: Maior número de cabezas de gando de monte. Mínimo, 100 cabezas: 700 euros. 2: Maior número de gando de monte. Mínimo, 60 cabezas: 450 euros. 3: Mellor cabalo galego de monte, macho e femia: 100 euros cada un no primeiro premio, e 60 euros cada un para o segundo premio. 4: Sete premios a grupos de máis de 25 cabezas, de 150 euros cada un. 5: Grupo de máis de 25 cabezas de mellor calidade. 150 euros. 6: Mellor cabalo de tiro, percherón ou bretón. Macho e femia: 100 euros cada un no primeiro premio; 60 euros os segundos clasificados, e 30 euros para os terceiros. 7: Premio especial ao mellor burro e burra: 60 euros. 8: Mellor mula macho ou femia: 60 euros. 9: Mellor potro nacido no ano 2005: 60 euros o primeiro clasificado e 30 euros para o segundo. 10: Premio especial de 60 europs ao cabalo mellor enfeitado).
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES