Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Santuarios e festas do Concello de Mondoñedo (8)

miércoles, 23 de marzo de 2022
As San Lucas de Mondoñedo (2)
Orixe e trazos históricos das San Lucas
Trátase dunha feira outonal, de carácter anual, adicada ó gando cabalar, mular e asnal, aínda que tamén se comencializan productos propios desas datas como noces, castañas, avelás, fabas, garabanzos etc. Nelas, vendíanse ademais, segundo Lence Santar, variedade de obxectos necesarios para o quehacer vital, como ferramentas e diversos obxectos de ferro para o campo dos famosos ferreiros de Ferreiravella ou Riotorto; cestos e cestillas de Budián e outras parroquias do Valadouro; peines para teares de Bretoña e Aldulfe; rocas, fusos e parafusos de Riotorto e Coubeira (Mondoñedo); navallas, coitelos e tesoiras de Taramundi (Asturias) e a Pontenova;Santuarios e festas do Concello de Mondoñedo (8) pezas de barro de Mondoñedo; lá, lenzos do país e típicas teas de lá e lenzo do Valadouro.

Nos seus inicios tiña unha duración de oito días, non embargantes co paso dos anos quedo reducida aos catro ou cinco días máis cercanos ao 18 de outono. Noutrora, ademais dos feirantes e tratantes da comarca mindoniense, viñan tamén outros pertencentes ás comarcas veciñas e mesmo de fóra de Galicia, como Aragón, Andalucía, Valencia, ámbalas dúas Castelas e Asturias. Só do partido xudicial de Mondoñedo acudían, entre outros, os seguintes tratantes de gando:

Paco do Trece, de Carballido do Valadouro; o Fero, de Vilaronte (Foz); Picouto e o Dos Lagos, de San Martín de Mondoñedo (Foz); Modesto, de Oirán (Mondoñedo); García e Xurxo de Cadavedo (A Pastoriza); Manuel de Paulo e Manuel do Pozo, de San Adriano (Lourenzá); Ramón da Carreira, de Galgao (Abadín); Daniel das Barxas, de Quende (Abadín); Méndez, de Moncelos (Abadín); José da Carreira, de Curros, e Valdés, de La Graña (Abadín).

Esta ampla área de influencia da feira deu lugar a que, dende sempre, fose considerada como unha das máis relevantes do Noroeste peninsular.

Respecto ás súas orixes, sabemos que o rei Alfonso VII deu a Vilamaior, antigo topónimo da vila mindoniense, o título de cidade. A concesión deste recoñecemento motivaba que a poboación adquirise unha serie de prerrogativas, como ter mercado en tódalas quendas do ano, e celebrar unha feira, durante oito días, na festa do 15 de agosto, adicada a Santa María. Non embargantes, anos despois, esta feira de Agosto trasladouse ao 18 de outono, data na que igrexa conmemoraba ao apóstolo San Lucas, o que deu lugar ao xurdimento do nome actual das feiras: As San Lucas. O motivo deste traslado estivo relacionado co feito de que nestas datas había pouca asistencia de lugareños e público en xeral., xa que os labores ligados co campo impedíanlle vir á feira. Pola contra, no outono, as tarefas son máis livianas, e ademais os campesinos podían comercializar os excedentes das súa colleitas...

As primeiras referencias documentais desta feira, datan dos anos 1536 e 1669. O 16 de abril de 1669, perante a solicitude de varias localidades, o concello declarou libres de imposto o pan, o trigo, os capóns, os xatos, a manteiga, as frutas, as aves, os ovos, as Santuarios e festas do Concello de Mondoñedo (8)coles, liñaza etc, Mais dispuxo que se cobrara dos lenzos, gando de catro pés, estopa e saial, pescado de mar e non de río e máis cousas que viñesen de fóra de Galicia ou pertencesen aos gremios da cidade.

Malia as vantaxes do cambio de data, no ano 1757 un grupo de mindonienses decidiu recuperar a data orixinal de celebración da feria. Polo tanto pediron o permiso necesario ante a corte española. Non embargantes, o cambio non deu resultado, e a feira volveuse celebrar no mes de outono.

Non hai noticias de que se levaran a cabo festexos e concursos polas feiras de S. Lucas ata finais do último tercio do século XIX. Así, nas feiras anuais de San Lucas do ano 1895, celebráronse unhas brillantes festas na vila mindoniense, planificadas por D. Emilio Tapia e Rivas, avogado e culto periodista. Coma sempre, houbo unha grande exposición de gando cabalar, colaborando a Deputación con 500 ptas, e con outras tantas o Ministerio de Fomento. Logo, o días 18 e 20, leváronse a cabo no campo dos Remedios dous importantes verbenas e unhas sesións de fogos artificiais. O día 19, tivo lugar a festa relixiosa que anualmente conmemoraba a consagración da catedral.; ó remataren o oficio relixioso saiu a procesión que, presidida por D. Manuel Fernández Castro, bispo da diócese, percorreu as naves da catedral. Neste día distribuíronse entre os probes mil bonos de pan, a metade dos cales foron dados polo prelado e a outra metade polo orfeón e a rondalla. O día 21 celebrouse tamén un certame literario no salón teatro do casino, que foi presidido por D. Manuel Murguía e fixo de segredario D. Emilio Tapia e Rivas. Repartíronse dazaoito premios. Un deles, baseado na mellor poesía costumbrista galega, foi concedido ó poeta mindoniense D. Antón Noriega Varela, pola súa poesíad "De Ruada". Ademais, nestas feiras houbo un concurso de gaitas galegas, tomando parte, entre outros, os famosos gaiteiros de o Xuio, de Cangas de Foz, e Ledín, da Fanoi (Abadín).

Compre salientar que, denantes do ano 1895, houbo xa concursos de gando cabalar no 1887-89 e, logo do 1895, celébraronse nos anos 1907, 1915, 1948, 1951 e 1952. Todos estiveron organizados polo concello, agás o de 1907, que correu a cargo da comisión organizadora das festas do S. Lucas. No concurso do ano 1952, houberon tamén grandes festas por iniciativa do alcalde D. Alejo Barja Prieto.

Asi mesmo, dende o ano 1941, as feiras outonais do S. Lucas non foron a menos e os precios aumentaron. Así, mentres que no ano 1941, houbo un total de vendas aproximado de 1.932.000 pesetas, pola contra, no ano 1950, as vendas importaron os 3.000.000 pesetas.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES