Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Diego Pazos García, o primeiro historiador da comarca de Sarria

viernes, 25 de marzo de 2022
Naceu en Sárria no ano 1857. Era fillo de Xoán María Pazos Rodríguez e Dores García Capón. Doutor en Dereito e Rexistrador da Propiedade, entre outros lugares, en Chinchón (1914), Daroca e Arévalo. Foi un destacado estudioso dos problemas económicos e publicista, e sentou, ademáis, as bases da historiografía Sarriá. O 2 de Diego Pazos García, o primeiro historiador da comarca de Sarriasetembro de 1891, en comisión de servizos, pasou a prestar labor profesional no Centro Director de Rexistros da Propiedade en Madrid.

Publicou as seguintes obras:
- "Estudios estadísticos sobre la propiedad inmueble. Ensayo sobre la estadística de los Registros de la Propiedad en España y en el extranjero, teórica y prácticamente considerada". (Madrid, 1899).
- "Sobre el Registro de la Propiedad en la tarea y en la aplicación, particularmente en España" (Madrid, 1890).
- "La división de las fincas rústicas en España" (Madrid, 1893).
- "Reformas que convendría introducir en la formación de los Presupuestos del Estado y en la discusión y aprobación por las Cortes" (Madrid, 1905).
- "La redención de Foros. Situación presente" (Madrid, 1908).
- "La situación agraria en Irlanda y referencias a la de España" (Madrid, 1908).
- "Disposiciones que podrán impedir en España la división de las fincas rústicas, cuando esta divisiión perjudica al cultivo" (Madrid, 1909).
- "Asociación de Registradores de la Propiedad en España. Memoria que publica su Junta Central, redactada y ordenada por el Presidente de la misma" (Madrid, 1913).
- "Apuntes acerca de la historia de la Villa y Comarca de Sárria" (Madrid, 1916).
- "Política social agraria en España. Problemas, Situación y Reformas" (Madrid, 1920).

Como primeiro historiador da vila e comarca de Sarria, de él arrincan todos os estudios e investigacións posteriores. Morreu en Sárria o día 12 de xullo de 1920.

O Concello de Sárria acordou, na sua honra, darlle o nome de Rúa Diego Pazos á antiga estrada de Aranza ou de Corvelle.

Na sua casa figura unha lápida en homenaxe a un dos homes máis significativos de Sárria, que o recorda como Xurisconsulto e historiador.

Leva o seu nome o Foro Xurídico Sarriao formado polos avogados e procuradores do partido xudicial de Sárria.

Notas:
a) Os motivos que o levaron a facer unha Historia de Sarria sinálaos nunha "Advertencia previa: "...Non pensamos cos nosos lixeiros 'Apuntes históricos de la Villa y Comarca de Sárria', aportar moitos datos, novos e importantes aos estudios desta índole a ela relativos, senón realizar tan só un ensaio de ordenación histórica, de vulgarización e de cultura, para que outros con maiores forzas e medios, prosigan tan laboriosas como últiles e pacientes investigacións".
Don Diego Pazos García é, pois, o primeiro dos sarriaos que tivo inquidanzas polo coñecemento do rico pasado da sua vila nadal. Abre así un camiño novo, que, moi axiña vai ser seguido por don Francisco Vázquez Saco, acodindo máis directamente ás fontes documentais (XAFA).

b) Foi dono da Casa de Pazos, sinalada co nº79 (antigo) da Rúa Maior, actual nº28 da Rúa Marqués de Ugena.

c) En 23.10.1899 solicitou permiso para poñer unha verxa no resío de diante da súa casa, e por non ser da ideoloxía da maioría da corporaciòn municipal foille denegado.

d) O seu enterro: (Sárria, 15.07.1920) "Desde Sárria: Onte celebrouse nesta vila o sepelio do falecido fillo da mesma, e rexistrador da propiedade de Arévalo (Ávila) de cuxo falecemento xa se deu oportunamente conta nese diario.

O sentimento xeral que aquí produciu a súa morte, exteriorizouse coa numerosa concorrenza ao fúnebre acto, entre a que se contaba a todas as clases sociais, sendo polo tanto unánime manififestación de dó popular.

Non menos, por certo, merecía quen sempre puxo a contribuciòn o seu celo e actividade, unidas á valia das súas siñificadas relaciòns nas altas dependenzas do Estado, no favor desta vila, e dos seus numerosos amigos particulares.

Presidían o dó de familia D. Arístides González, D. Xusto López e D. Xoán M. Somoza, e en segundo termo os seus compañeiros de profesión, D. Xesús Rodríguez Guerra e D. Ricardo Valdés, e máis os señores cura párraco de Santa Mariña desta vila, D. Manuel Saco, D. Víctor Castro, D. Ramón Martínez, Delegado de Facenda da Provincia e D. Manuel Batanero e o seu fillo.

Descanse en paz o amigo tan de todos sinceramente querido, honra do pobo polo seu excepcional talento e perda irreparable polo moito que para Sárria e os seus amigos siñificaba o finado" (Correspondente).
López Arias, Xaime López (Arlindo)
López Arias, Xaime López (Arlindo)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES