Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un canto a Nosa Señora

jueves, 24 de marzo de 2022
Un canto á Nosa Señora, é un relato entrañable a Virxe do Viso, obra mestra do noso benquerido poeta Manuel Ferreiro Villar, fillo da terra, que nos deixou fai sete anos na madurez da súa creación literaria.

A través dos seus corenta e catro poemas, expresa a devoción, o cariño e o agradecemento que sinte por á Nosa Señora do Viso. Este libro de poemas foi editado en 1990, é froito da promesa que lle fixo a Virxe no ano anterior. Manuel tiña 44 anos, coñecendo ao autor, coido que non debeu de ser unha casualidade esa coincidencia entre o número de poemas e os seus anos de idade, ben podemos estar ante ese triángulo sagrado, no que o vértice ocúpao a Virxe, e os ángulos da base son para a súa existencia e a terra que o viu nacer.

Manuel foi un artesán da palabra, un poeta do pobo e para o pobo, era un dos seus, humilde nobre e agradecido, de mirada serena e curiosa, de palabras xustas e de silencios precisos e ben medidos.

A súa poesía é natural, sobria, cálida e profunda ao mesmo tempo, está moi traballada, tanto na forma como no fondo. Transmite paixón, entusiasmo, agradecemento, beleza e ledicia, todas estas virtudes están ben tecidas e interrelacionadas, en ningún momento se solapan ou se entorpecen, cada unha ten o seu tempo e o seu modo, nese ritual colectivo do día grande do Viso.

Fai a promesa, e o ano seguinte vai a cumprila. Situado no espazo adecuado, no momento oportuno, cos deberes feitos, recibe a merecida recompensa. Sente o agradecemento da Virxe nese momento preciso do encontro. Diálogo místico, profundo, interno e agradecido,onde falan os silencios e sobran as palabras.

Grande é o efecto "Primacía" que descubrimos no primeiro poema, que non soio se vai manter, senón que se vai incrementar coa lectura sosegada dos restantes. Inmenso agasallo para os sentidos e para recuperar da memoria a longo prazo as miñas etapas de neno e de adolescente, nas que cada ano ía camiñando desde Vilela cos meus pais e os meus irmáns, tíos e avós. Lembranza das primeiras cereixas do ano, das apóutegas, dos niños dos paxariños, das merendas e dos fogos de artificio. Cumprir con ese rito de paso sagrado foi parello ao meu desenvolvemento como persoa, despois de tantos anos, sigo a sentir a mesma emoción cando teño a fortuna de volver ao Viso e poder lembrar aqueles tempos idos.

Neste primeiro poema, Manuel combina de forma sabia a rima consoante dos versos impares, a partir da última sílaba tónica, de forma que, se van repetindo os mesmos sons, é dicir, idénticos fonemas, tanto de vocais como de consoantes. Esta composición precisa dun dominio profundo da fala e da escrita, de memoria áxil, retentiva e de riqueza de vocabulario, co fin de suplir a escasa flexibilidade que ofrece esta forma de rimar e de medir do verso. Ao mesmo tempo, tamén coida moitísimo a rima asóante, esta forma é máis doada e flexible, a partir da última sílaba tónica, soamente se repiten as vocais nas estrofas pares.

UN LIBRO... A TI
Eu estaba esperando
Subía ela no carriño
xa case estaba chegando
á sua casa do Viso

Continúa medindo coa mesma precisión e con maior liberdade creativa, utilizando a rima consoante nas impares, unha e tres, e das consoantes "s, z", neste caso utiliza unha z suave, a modo de nobreça, con un claro influxo do galego-portugués, e a rima asóante nas pares, dúas e catro, coa vocal "a", para finalizar coa rima consoante nas catro finais, rimando de forma alterna osa e osta.

Fíxenlle a miña promesa
xusto cando Ela pasaba
saludeina con nobreza
e dirixiume a mirada,
pensei: aceptou gustosa
a miña humilde proposta
na sua cara fermosa
xa adivinei a resposta...

E segue a combinar de forma eficiente a rima consoante nas impares e a rima asóante nas pares.

Despois volvina mirar
(falamos longo e tendido)
Ela falou sen falar
Ela conversou conmigo...
...e entón xa quedamos niso
un libro eu heí de escribir
ise é o meu compromiso:
un libro virxe para TI...

A forza da metáfora. Cada vez que Manuel utiliza o recurso lingüístico da metáfora, a súa poesía alcanza un grao sublime "Ela falou sen falar" "Ela conversou conmigo".

ESTRUCTURA DO RESTO DE POEMAS
Seguindo o orden no que Manuel os colocou para editar, salvo ese primeiro, no que relata o encontro coa Virxe, que ao meu entender é o centro de todo o ecosistema do día grande, no resto podemos visualizar o itinerario de ida, a chegada, a parte central, a despedida e a viaxe de volta.

A métrica e moi similar en todos eles, vai combinando a rima consoante, unhas veces de forma alterna e outras seguida. Esta versatilidade na creación, contribúe a incrementar, tanto a riqueza visual como a sonora.

Vai o meu verso para ti
Virxe a que tanto adoro
a ver se así colaboro
a que sexas máis feliz.

Os meus amores sen fin
son como unha perla douro
que gardo coma un tesouro
e que agora son para ti.
O meu pobre sentimento
a miña mensaxe tamén
pódeos levar ata o vento.


O sentido de pertenza:
Con que facilidade Manuel marca o territorio da Virxe, e rompe as barreiras do tempo ao superar a figura da propiedade e mesmo da posesión, para adquirir a de pertenza. A Virxe simboliza un cosmos colectivo dunha terra e de dun pobo, é a patroa da tribo, a que coida, protexe e mima, tanto dentro coma fora das súas fronteiras. A Virxe é ese intanxible tan valioso que é:

PARA SEMPRE NOSA
Virxe do Viso
nai davidosa
Virxe querida
para sempre nosa...

Virxe do Viso
nai compracente
Virxe querida
nosa para sempre.

Virxe do Viso
nai amorosa
Virxe querida
"é a Virxe Nosa".

Agradezo a José Martinho Montero Santalha o seu análise na dobre dimensión, tanto como teólogo como filólogo:

"O poeta situa-se na posição do fiel devoto que comparte, com sentimento autêntico e pessoal, o sentir popular perante a imagem da Virgem do Viso, venerada em toda a zona. É a função das imagens em toda a tradição cristã. Na imagem da Virgem, como figuração visível da experiência invisível e íntima da fé, torna-se personalizado e familiar o diálogo do fiel devoto com a santidade de Maria. A través da imagem manifesta-se externamente uma vivência interna, que busca desse modo dar expressão à necessidade humana de comparti-la com outros. Também na estrutura formal do poema o poeta adota um molde popular. Tanto na conformação geral, estruturada implicitamente em quartetas, como na métrica e na rima dos versos, o poema intenta adequar-se à poética comum popular, que maneja os recursos retóricos com grande liberdade, sem pretender sujeitar-se aos cânones da retórica académica".

Para min é moi gratificante poder ler, reler e aprender da súa obra a quen lembro con tanto cariño e agradecemento, foi quen me ensinou a ler os primeiros silabarios e a escribir as primeiras palabras antes de cumprir os cinco anos, naqueles últimos bancos da escola, onde, xunto con rapaces e rapazas do Baño de das freguesías próximas preparaban o ingreso e o bachiller por libre, con D. Sergio, aquel mestre sabio, formado, traballador e xeneroso, que facilitou a formación e a saída profesional, nun espazo onde a finais dos cincuenta e principios dos sesenta, os recursos e os medios eran escasos para poder acceder a formación superior
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES