Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 23 de marzo de 2022
A romper as leiras!

Imos morrer todos! E non suicidados, esnafrados, asasinados ou de morte natural, que va!; imos morrer de fame. Estamos peor que coa pandemia da Covid-19. Coa pandemia desapareceron dos estantes dos supermercados o papel hixiénico e algún que outro produto máis. Con esta "guerra" de prezos e folgas dos transportistas, Pingas de Orballo causada, por outra parte, pola guerra seria, dura, penosa e auténtica ruso-ucraína, os estantes deses mesmos supermercados están máis que baleiros. E non duns poucos produtos, senón de practicamente todos. Imos morrer de fame!
Non queda outra que, mañá mesmo, empezar a sementar patacas e encher as típicas hortas ou terreos ó lado das casas de todo o que se poida sementar, que, grazas a Deus, se queremos, pode ser moito. Despois, intentarei regar todo cunha pouca gasolina e sulfatar con gas e a ver se así consigo unha boa colleita para quedar ben abastecido. A luz... a luz, alá no patio da casa da aldea, instalarei unha bicicleta e dálle que dálle o pedal ata mesmo rebentar.
Como non tomemos medidas, imos morrer todos! Eu penso que vou librar porque, como xa teño dito, mal bicho nunca morre e, como son pouca cousa, non preciso moito alimento. Máis alá dos ósos non podo ir, e nos ósos estou. Así é que, amigos, buscade a vida como poidades, que eu, entre o terreo e a pouca necesidade, vou salvando, vou indo. Xa sei que o asunto non é de broma. Aínda que uns sabémolo coller e levar mellor que outros. A romper as leiras!

No mundo dos secuestrados

Botei a andar. Na metade do camiño parou un coche e o condutor invitoume a subir. Dubidei un pouco porque non acostumo a subir ós coches cando me dedico a andar, nin ós dos coñecidos e moito menos ós dos descoñecidos. Pero non sei por que, quizais porque non estaba para andainas ou porque lle vin cara de boa persoa, o caso é que aceptei o ofrecemento.
Xa dentro empezamos a falar do que adoitan falar dúas persoas cando non se coñecen Pingas de Orballo e queren romper o xeo: do tempo. Que se chove, que se xea, que se vai sol, que da seca, que das inundacións, que dos furacáns, etc. De cando en vez mirábao de esguello e notaba que a súa cara tiña algo raro. Semellaba unha cara de alieníxena. Axiña souben que era o que me chamaba a atención: que a súa cara cambiaba de cor. En poucos segundos vinlla morada, azul, laranxa, violeta e, agora, ata de cor verde.
Cando quixen comentarlle algo diso, oín como as portas do coche se cerraban automaticamente e souben ó instante (por veces, non son parvo) que acababa de entrar no mundo dos secuestrados. Quedei tan asombrado que non souben que dicir. Foi o condutor o que falou: imos alá. E o coche elevouse á velocidade de máis alá da luz. Cando quixen dicir algo, xa pasaramos Marte, Xúpiter e estabamos cruzando os aneis de Saturno.
Aterramos nun planeta descoñecido no que os seres que alí vivían andaban todos boca abaixo, e eu non tardei en ir na mesma posición e, para máis carallos, púxenme de cor verde. Sei que xa nunca máis volverei á Terra.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES