Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A forza da razón

miércoles, 23 de marzo de 2022
Dediquei o primeiro apartado da miña Anatomía do Pensar a reflexionar sobre "os cinco primeiros minutos da Filosofía" ou, o que é o mesmo, sobre os seus motivos fundacionais. Aínda que coñezo as razóns habituais que se esgrimen para explicar o tránsito do mito ao logos, lancei unha hipótese distinta, que os terribles acontecementos da guerra de Ucraína poñen de actualidade: a filosofía nace para loitar contra a violencia.

Calquera que sexa a orixe da violencia, ou do mal que a xera, o importante é eliminala. Neses hipotéticos cinco primeiros minutos da Filosofía, a razón loita a brazo partido contra a senrazón, a concordia contra a violencia, o ben contra o mal.

A disxuntiva entre o discurso racional e a violencia é tallante e diante dela ninguén pode quedar indiferente porque vainos niso nosa propia supervivencia. Esta disxuntiva é tan esencial como dramática para o destino da humanidade porque confirma o poder da linguaxe e da razón fronte á violencia.

A Filosofía esforzouse en pensar sistemas para erradicala. Sexa mediante o subterfuxio que sexa (un contrato social, un sacrificio ritual, un enfrontamento deportivo ou dialéctico) a violencia necesita abolirse ou ben canalizar o seu potencial destrutivo. A propia argumentación debe ser considerada un substituto da violencia, que evitaría que se impuxese o dominio do máis forte, nunha especie de darwinismo irracional.

Lamentablemente, como estamos a comprobar, cando fracasa a razón falan as armas, e entramos nunha dinámica de loita aberta e forza bruta. Gañará o máis forte, pero, non por moito tempo, porque, como lembraba Unamuno, vencer non é convencer, pois unha cousa é ter a razón da forza e outra moi distinta a forza da razón.
Agís Villaverde, Marcelino
Agís Villaverde, Marcelino


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES