Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 22 de marzo de 2022
Dicir o que teño que dicir

Agora si, agora xa me chegou o momento de dicir algo que teño que dicir. Levaba xa un tempo querendo dicilo, pero o asunto ten o seu aquel. Tanto que, ó pensar nel (por exemplo, hai un pouco, cando viña no atallo), por veces a carraxe tupíame as veas, esas polas que circula o sangue, con risco incluso de que me pasara algo malo; e tamén por veces entrábame a risa, pero unha desas risas das que dicimos "polo baixiño". Ou sexa, unha risa floxa.
Pingas de Orballo E claro, foi nese momento cando souben e me puxen por obrigación que tiña que dicilo, que non podía telo máis tempo encerrado nesa urna da memoria para que non me consumise. Ou para que se saiba. Que tal asunto tamén pode quedar como un aviso, como unha advertencia. E foi desde o mesmo atallo cando empecei a planificar as frases e as formas de dicir o que teño que dicir. Xa digo, non é tan fácil. E por moito que o tema non vaia máis alá dun simple dicir, dun sinxelo comentario, hai que dicilo ben. Como vedes, ten a súa miga.
Un dicir sinxelo pode rebentar certos momentos ou instantes ou etapas ou tempos se non se di ben. Tampouco é dicir pasou isto e xa está. Non. Repito que o asunto ten o seu aquel. Si, xa sei que non me vai quedar espazo para dicir o que teño que dicir, pero polo menos que vos quede a advertencia do que pode vir, do que podo deixar caer. Que, efectivamente, non queda outra que deixalo para unha próxima ocasión; neste caso, para un próximo Pingas. Que se lle vai facer! Maldito espazo! Maldito tempo!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES