Ovos fritidos con chourizo
Santalla, Iago - miércoles, 23 de marzo de 2022
Cando dou traballo en equipo sempre explico que non é o mesmo colaborar que implicarse. Para explicar a diferenza boto man dunha metáfora que leva comigo dende que vin en Lugo aquela fermosa exposición de Reigosa titulada "Entre Marbella e Torremolinos". En fotos, vídeos e testemuños contaba a historia do psiquiátrico de Castro. Víase moi ben a lucidez das persoas internadas que falaban cunha claridade e unha sinceridade poucas veces vista.
O caso é que nun dos diversos testemuños, unha muller explica a diferenza entre implicarse e colaborar con este símil: "en unos huevos fritos con chorizo, la gallina colabora pero el cerdo se implica". Dende aquela non atopei unha metáfora mellor para diferenciar entre a motivación intrínseca da extrínseca.
Veñen tempos duros e de novo a debilidade sofre de incerteza. Non sabe o que vai vir pero sabe que o vai pagar. Fronte a debilidade, o poder (adquisitivo), sabe que é moi difícil que os seus alicerces se movan. O poder sempre pode manipular a realidade pero non pode evitar o xuízo da historia. Tendo en conta isto, quizais deba decidir entre colaborar ou implicarse...

Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora