Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O galego, en Madrid

viernes, 19 de septiembre de 2008
O galego tamén existe (en Madrid), podería afirmarse parafraseando un lema adoptado por Teruel que fixo fortuna a efectos de reivindicación dunha das provincias máis descoñecidas da xeografía hispana.

Que o galego existe en Madrid, é ben sabido xa que son centos de miles os galegos que viven na capital de España. E agora vense de por de manifesto no Congreso dos Deputados onde primeiro se rexistrou unha queixa por parte do voceiro do Bng de que en Galicia aínda non pudiese usarse con normalidade o noso idioma nalgunhas dependencias da administración do Estado como nas relacións cos corpos e forzas da Seguridade.

Do tema tomou nota o Presidente Zapatero, que prometeu públicamente dar instruccións para que o galego se utilizase con total normalidade en todo o que faga referencia á Administración, confesándose o primeiro ministro partidario de que o uso dos idiomas cooficiais signifiquen normalidade, cumprimento do mandato constitucional e síntoma de riqueza cultural e histórica do país.

Fiémonos da palabra do Presidente do Goberno. Queremos crer que vai cumprir connosco como pobo e como falantes dun idioma, e que se vai notar – palabra de Presidente- no exercizo cotián en Galicia.

Parece, pois, unha pica posta polo noso idioma no corazón lexislativo e político do estado español. Foron, en verdade, somente palabras. Pero de palabras está feito o idioma e as relacións entre as xentes.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania