Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Diferenzas entre O Mariscal e dona Constanza de Castro

viernes, 18 de marzo de 2022
Pardo de Cela cando se mete na Frouseira, a finais do 1480, é despois de catro anos de enfrontamentos cos Reis Católicos. En outubro do 1476, destitúeno como alcalde de Viveiro, e en xuño do 1478 mándanlle tres cédulas prohibíndolle entrar nos concellos de Ortigueira, Viveiro e Mondoñedo. É máis, por dúas veces ordenáronlle que se presentase diante deles a render contas e nunca foi. O enfrontamento cos Reis era inconciliábel. Polo demais, ía sempre acompañado por un exército de criados, entre os que, ás veces, estaba o fillo, como se demostra nas dúas traizóns, tanto na Frouseira como na casa de Afonso Yáñez. E cando Fernando de Acuña, López de Chinchilla e Luis de Mudarra chegan a Galiza acompañados por un exército de trescentos xinetes, Pardo de Cela pide aos Reis a segunda Carta de Seguro e Amparo e métese na Frouseira para facerlles fronte. A Frouseira é unha pena roqueira, á que só se podía acceder por un camiño pola cara norte. Polas demais, a pena cae a pico sobre, ao menos, 100 ou máis metros polas que era imposíbel tomala e vencer aos de dentro. A súa altitude, posibilitaba aos defensores ver calquer movemento das tropas. Os defensores tiñan moita capacidade militar de atacar e derrotar ás tropas dos Comisionados reais, de aí que ouvera tantas mortes. O capitán Luis de Mudarra así o recoñeceu ao dotar ao mosteiro de San Martiño dun altar a San Bras e Santa Catarina e dunha misa todos os meses polas «mortes da Frouseira».

Nada parecido nin que ver con dona Constanza de Castro en Caldaloba. Dona Constanza casa de primeiras con Galaor Osorio e despois con Fernán Ares de Saavedra. Sempre viviu entre nobres. Durmeu en sabas de liño, sentouse en cadeiras de mimbre e en escanos de nogueira, e aireouse con abanicos de seda. E viviu no castelo de Miraz e na Casa do Carballo de Galdo, paseouse por Viveiro, visitou a casa torre da irmá Beatriz en Burela e veu toda a fermosura do mar Cantábrico no mar burelense, mais levaba o sangue dos Cela e dos Castro, sangue rebelde e inconformista. Dególanlle ao pai e curmán, e só a dignidade de vingar esas mortes, de filla e irmá, lévana a meterse en Caldaloba, unha torre fortaleza con un sistema defensivo imposíbel de traspasar, de aí que resistiran trece meses, até que morre envelenada. E a diferenza da Frouseira, en Caldaloba non había posibilidades de atacar e vencer aos que a cercaban. Desde as almeas e as ventás, non se podía derrotar a toda unha tropa. A súa loita foi pura e dura resistencia, mais nunca se rendeu. Houbo que envelenarlles as augas para que depoñeran a loita. Se Pardo de Cela representa a loita, dona Constanza, a resistencia. Se Pardo de Cela «de Lugo a Ribadeo todos me tiñan temor», dona Constanza era dona entre donas, mais métese en Caldaloba para derrotar ás tropas reais. Non esquezamos que as dos Andrade e Ribadeneira uníronse despois. Meteuse en Caldaloba a loitar. O seu espírito de valorosidade fica para sempre en Caldaloba. ¡Caldaloba, eterna nostalxia de dona Constanza!
Meilán García, Antón X.
Meilán García, Antón X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES