Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 17 de marzo de 2022
Un que non para
Dez menos dez da noite. Porque é noite. Polo menos, fóra, está escuro. E dentro teño que acender a luz. É inverno. Non tardará en ser primavera. Tampouco tardou Núñez Feijóo en facerse destacar: permitiu o acordo do PP con Vox en Castela e León. Aí está, pactando cun partido antiautonomista e xenófobo. A culpa seguro que é do inverno; que o frío conxela as ideas. E quen terá a culpa de que o galego se extinga? Pingas de Orballo Porque (e mira que me costa recoñecelo) o galego, segundo certos estudos e estatísticas, mingua que é unha barbaridade. Cada vez se fala menos. E o de escribilo xa non digo nada.
Xa pasaron cinco minutos. Cinco minutos do tempo aquel que dicía ó principio. A banda sonora de "Parque Jurásico" leva quince soando. É que antes de me poñer con isto, estiven con outras cousas. Un que non para. Por moitas veces que diga que son un nugallán, agora recoñézoo, é mentira. Ás veces digo as cousas para esaxeralas un pouco. Que non se diga que todo é tan simple. Que va! Ós temas, asuntos, materias, pareceres, opinións, etcétera, hai que darlles forza. Meterlles nervio. Que ninguén diga que son un apoucado. Tampouco Núñez Feijóo se quedou quieto. E eu non vou ser menos que Núñez Feijóo. E ás dez en punto da noite doulle. Non sei a que, pero doulle. Nunca me gustou quedarme quieto. Hai que facer sempre algo útil. Aínda que a miña inutilidade non guste. Ningunha inutilidade gusta. A algúns si lles gusta facer recuar á nosa lingua. O peor é que recúa a nosa e o castelán, mentres facemos cada vez máis uso dos anglicismos. Como debe ser! Hai que saír da Galicia profunda!

Un Máster Hospitalario
Xusto cando levaba a cunca do café á boca, entrou unha muller na cafetaría e na forma en que o fixo notábaselle que viña acendida, que a carraxe lle subía polas veas coma cabalo de batalla de Juan Pardo. Non tardou dous segundos en soltarlle á camareira (víase que a coñecía e que mesmo tiña confianza con ela) unha sentenza bastante orixinal: "Hai que facer un máster para saber andar polo Hospital ou a Residencia".
Quedei coa cunca a medio camiño e deixei escapar un sorriso porque eu mesmo dou fe desa sentenza. Acababa de acontecerme algo semellante. Paciente na 5ª planta Pingas de Orballo da Residencia Sanitaria, na Materno Infantil. Na habitación, o típico aviso de que se informaba ós familiares da evolución dos pacientes á unha e media e na mesma sala de espera (polo da pandemia), que, neste caso, debía ser no propio vestíbulo dos ascensores.
Cando chegou o momento déuseme por comentarlle a unha ATS que andaba por alí que o da sala de espera sería alí, fóra, xunto ós ascensores. Estrañouse e ó saber que paciente era... que nada, que tal información era, si, na 5ª planta pero da Residencia Nova. Imaxino que unhas comunicarán con outras por algún corredor interior, pero como as sinalizacións brillan pola súa ausencia, ale, a saír para fóra, dar a volta e ir á Nova. Nesta tamén houbo que dar algún que outro garbeo (por carecer dese máster que dicía a muller) ata atinar co despacho no que informaban. Que non era á unha e media, senón ás dúas. E que tales dúas volvéronse as dúas e vinte, que foi cando chegou por fin a médica. Por que non informan na propia Materno Infantil?
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES