Tempos ben diferentes
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 17 de marzo de 2022
Non somos poucas as persoas que intentamos estar ó día pero temos dificultades.
Temos dificultades porque nos últimos tempos os cambios son moi bruscos e costa asimilados.
Con todas as dificultades que poidamos encontrar, cómpre adaptarse ós cambios para non perder as oportunidades que a vida moderna nos presenta.
Afortunadamente, hai moitas persoas que dedican boa parte da súa vida ó estudio e, grazas a elas, podemos gozar de novos avances cada día.
Por eso podemos disfrutar de tantos adiantos como por exemplo:
- COMUNICARNOS Ó INSTANTE CON PERSOAS MOI LONXANAS NO ESPAZO desde un ordenador ou cun pequeno aparello móbil que todos levamos na man.
Xa non se necesitan cartas nin telegramas nin trasladarse a unha oficina de correos.
¡Quen lles dera ó nosos antergos poder comunicarse así cos que tiveron que emigrar a lugares lonxanos!
- COCIÑAR CADA DÍA CON GAS CIUDAD, BUTANO, PROPANO, ELECTRICIDADE en modernas cociñas que nin siquiera precisan de chisqueiro para encendelas porque xa o levan incorporado.
Son rápidas e moi doadas de limpar.
¡Quen llelas dera a moitas das nosas avoas que padeceron para encende-lo lume na lareira ou cando a cociña de carbón non tiraba e enchíase a casa de fume!
¡E canto deixan padecido para limpar por fóra o tizne das potas!
Menos mal que só se facía polas festas.
- LAVAR A ROUPA EN MÁQUINAS que lavan perfectamente con diferentes programas sen moverse do fogar e a calquera hora do día.
¡Canta diferencia con ir lavar á man ó lavadoiro!
- VÉRMONOS CARA A CARA A TRAVÉS DE VIEOCONFERENCIAS con persoas que están lonxe.
¡Qué ledicia!
- PODEMOS TRASLADARNOS DUN LUGAR A OUTRO DO MUNDO en cómodos avións e por módicos prezos, en moitos casos.
¡Cantos dos nosos ancestros perderon a vida en longas travesías feitas en barco a América e a outros lugares!
- OS DOCUMENTAIS DA TELEVISIÓN móstrannos lugares dos cinco continentes sen movernos da casa que emiten programas para tódolos gustos e para tódalas idades.
¡O mundo ó alcance da man!
Todo grazas a un colectivo de persoas que traballan para facernos a vida máis agradable e enriquecedora.
- OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN SOCIAL móstrannos a actualidade mundial ó instante, con tal de que chegue o sinal a unha antena de televisión, a un aparello de radio ou mesmo a un móbil con acceso á rede.
- OS MEDIOS DE TRANSPORTE ofrécennos moi bos servizos, aínda que non suficientes.
O medio rural está moi abandoado no relativo a todo tipo de servizos, incluido o transporte.
A xente do campo ten que recurrir ó coche particular.
Aínda que a situación non é boa, é moito mellor que a dos ancestros que, ou non podían trasladarse, ou tiñan que facelo a pé, en burro, en cabalo...
- ACCEDER Á BANCA ELECTRÓNICA desde a casa cun teléfono intelixente.
- ASINAR DOCUMENTOS, PARA COMUNCARSE COA ADMINISTRACIÓN. CON CERTIFICADO DIXITAL OU SINATURA ELECTRÓCIA:
¡Quen nolo diría!
A VIDA CAMBIOU MOITO E AÍNDA NON SE SABE O QUE CAMBIARÁ NO FUTURO.
Melloran moitas cousas; pero queda moito que mellorar, principalmente no medio rural.
FALTA CONCIENCIÓN DOS PODERES PÚBLICOS Á HORA DE OFRECER SERVIZOS Ó MEDIO RURAL para que a xente xove poida instalarse comodamente no seu entorno e non teña que "hacinarse" nos extrarradios das grandes urbes.
Porque o medio rural e tan importante como o medio urbano, un non vive sen o outro.
"UN NON VIVE SEN O OUTRO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora