Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 16 de marzo de 2022
Pingas de Orballo
Sentado no lavadoiro da Burga

Quero deitar sobre a auga quente da Burga de Baños de Molgas. Pero se deito, afondo. Se afondo, afogo. Se afogo, morro. Como non quero morrer (como tamén sei que non vou morrer nunca), opto por non me deitar sobre a auga da Burga. Digo o de non morrer nunca porque tamén din que mal bicho nunca morre. Agora, cada quen que pense o que queira.
Non deitándome na auga que cobre o pío da Burga de Baños de Molgas, sento nun lateral do lavadoiro e contemplo como corren as augas do río Arnoia e como choutan as troitas moi cerca da Charca, ó outro lado do río. Axiña me despisto, me distraio, me descoido porque o pensamento vai e vén por onde ten que ir e vir, e, algunhas veces, por onde lle peta. Normal, todo pensamento debe ser libre. Outro cantar é o de contalos. Os pensamentos. Uns, non se poden escribir e, outros, non chos deixan contar. Moitas veces, a liberdade tan só é unha palabra bonita. Iso si, moi bonita.
Deixo de usar filosofía barata e contemplo unha rula que pousa na galla dun amieiro. Dáme a impresión coma se me sorrira. Que cousas teño. Que parvadas digo. Non obstante, sigo mirando para ela e quedo como hipnotizado, como subxugado. Menos mal que outra troita me esperta cun salto realmente espectacular e fermoso. Ó caer as ondas do río formaron un bonito debuxo que fixo bailar ós meus ollos. Meto a man esquerda na auga da Burga e son eu agora o que forma ondas que van e veñen porque teñen que ir e volver ó chocar contra o outro lateral do lavadoiro.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES