Barcos seguros
Editorial - jueves, 18 de septiembre de 2008
Lonxe no tempo daquela honra sen barcos, máis lonxe aínda dos barcos sen honra, hoxe Galicia segue a ser un potencia cando de barcos se trata, a honra supónselle e ben gañada está, pero nos tempos que corren está o tema da seguridade como unha espada de Damocles suspendida sobre o sector.
Non a seguridade nos empregos e na economía, que neso o naval está situado nos mesmos niveis que o resto dos sectores económicos, sí na seguridade física das tripulacións que traballan en lugares conflictivos do planeta, expostas a todo tipo de accións e agresións.
A Administració española vai enviar un avión ó Índico para protexer ós barcos españois que naveguen ou faenen naquelas augas, nunha medida que quizáis se debeu ter tomado hai moito tempo, aínda sabendo que é un remedio caseiro para un problema importante que hai que afrontar con decisión.
E os ollos de Europa diríxense entre curiosos e admirados hacia o presidente francés, Nicolás Sarkozy, que emprendeu unha operación de rescate dun veleiro francés secuestrado diante das costas de Somalia, con tropas especiais que en dez minutos solucionaron o conflicto.
A seguridade dos nosos barcos é un tema urxente, vital. Non se pide a ousadía sarkozyana, que tampouco as nosas autoridades nos teñen acostumbrados a esas arroutadas. Pero pídese, alomenos, atención, enerxía, protección para as nosas xentes do mar, que bastante teñen cos problemas que o mar ocasiona.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora