Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Presentación do libro 'Valente Epistolar'

martes, 15 de marzo de 2022
Presentación do libro 'Valente Epistolar' editado polo poeta Claudio Rodríguez Fer, na Facultade de Filoloxía

O mércores 16 de marzo, ás 17 h., no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, presentarase o libro Valente epistolar (Correspondencia de José Ángel Valente con sus amistades), editado polo Servizo de Presentación do libro 'Valente Epistolar'Publicacións e Intercambio Científico da USC recollendo as intervencións no encontro homónimo organizado pola Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética o pasado outono.

Abrirá o acto a vicedecana de Filoloxía Alejandra Ulla e, seguidamente, intervirán Juan L. Blanco Valdés, director do Servizo de Publicacións da USC, o director da Cátedra Valente, Claudio Rodríguez Fer, autor da introdución e da edición, quen presentará as catorce colaboracións compiladas sobre as importantes e reveladoras relacións epistolares do poeta en cuestión con diversos intelectuais relacionados coa súa vida, coa súa obra ou coa súa tradución.

Así, breve e sucesivamente, tratarase das relacións epistolares de Valente con Cernuda (por Claudio Rodríguez Fer), Xirau (por Dolors Perarnau), Girardot (por Manuel Fernández Rodríguez), Vicente Risco (por Olga Novo), Dieste (por Carmen Blanco), Antón Risco (por Armando Requeixo), Cela (por Arantxa Fuentes Ríos), Jabès (por María Lopo), Westphalen (por Juan Manuel do Río Surribas) e Gelman (por Cristina Fiaño), ademais de asuntos relativos á tradución ao inglés (por Adina Ioana Vladu), ao alemán (por Rosa Marta Gómez Pato), ao italiano (por Cristina Marchisio) e ao portugués (por Saturnino Valladares).
GaliciaDigital
GaliciaDigital


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES