Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sobre a residencia de maiores de Ribadeo

martes, 15 de marzo de 2022
Hai xa tempo (dende decembro de 2019) que os papeis correspondentes á creación da Asociación pro maiores José María Rodríguez están feitos. Dende aquela, tentouse deixar unha estrutura comunitaria de apoio ós nosos maiores en Ribadeo. A idea era comezar axudando na daquela recén ianugurada residencia ribadense, prolongando tamén o contacto dos residentes coa sociedade da que saen e que contribuíron a crear, co pobo.

Aqueles intentos non chegaron, polo momento, a bo fin. A colaboración público-comunitaria cesou ó poñerse en marcha a residencia. De feito, nin sequera se revisaron, como se dixo de palabra en pleno, os regulamentos de funcionamento, que no seu momento se estimou que tiñan lagoas que conviña corrixir.

O caso é que, tempo despois, a nova residencia de maiores de Ribadeo é un lugar que pasou de ser transparente e visitable antes da apertura a ser infranqueable pola covid e da que no exterior hai poucas novas. E iso lamentamos ó saber dalgunhas cousas como a incidencia da covid ou conflitos co persoal.

A incidencia da covid, despois dunha nota de prensa sobre un único caso, quedou reducida a rumores no pobo sobre algún caso máis. Hoxe chegou ás miñas mans un relato que cifra en doce usuarios e cinco empregados o número de casos dun brote habido hai non tanto tempo. O brote que viría a coincidir no tempo co fin da vida dunha persoa moi coñecida o pasado día 24, Lita. E a representar unha incidencia no centro, no seu momento, moito maior que a que tiña Ribadeo en conxunto. Algo que debera ter sido noticia e transcendido como información.

Tamén recibo a noticia de varias demandas de traballadores da residencia durante o ano pasado, que se non chegaron a xuízo foi por terlles indemnizado a empresa empregadora en diferentes momentos por acordo. Acordos que inclúen cantidades ben específicas: 5000 €, 2000 €, 4000 €... e que, naturalmente, ó provir os cartos de funcionamento da residencia das administracións, rematamos pagando todos. Aínda que sexa máis importante os feitos que deron lugar a que se deran esas indemnizacións, pois aínda que son cantidades non desprezables, o custe de funcionamento anual da residencia multiplica moitas veces esas cifras.

Facendo un pequeno inciso, agora a xestión dos traballos diarios é levada a cabo por CK Senior Gestión, SL, empresa que xestiona centros e ten tamén residencias propias. Accedeu a levar a residencia ribadense despois de serlle cedido o desempeño a comezos do pasado ano por CLECE -non transluciron os motivos-, que obtivo á súa vez o contrato despois de recurso ante unha primeira decisión de concesión a Mensajeros de la Paz.

O caso é que en pouco máis dun ano teríanse producido varios enfrontamentos con traballadores, e preto de vinte casos de covid sen que translucira nada ó exterior. A raíz diso, coido que non estaría de máis facer un seguimento de como se están a desenvolver os protocolos de trato ou sanitarios para corrixir posibles actuacións non desexables. Máis aínda cando na residencia téñense dado casos de baixa por depresión e outros desencontros laborais, e, a continuación das indemnizacións, parece que houbo unha suba xeneralizada de emolumentos. Unha residencia que, lembremos, foi pedida e prevista como solución para os nosos maiores, non como negocio nin como algo opaco.
Gregorio Montes, Antonio
Gregorio Montes, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES