Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vaso medio cheo, vaso medio baleiro

lunes, 14 de marzo de 2022
O asunto do vaso medio cheo ou o vaso medio baleiro ten o seu aquel. Para a maioría dos mortais o pasado mércores o Real Madrid remontou un Vaso medio cheo, vaso medio baleiropartido que semellou que acababa de cambiar a historia futbolística. Para a minoría (un servidor, por exemplo), contemplou a ineptitude dun "equipiño" que aspiraba a conquistar a Liga de Campións. Pero como se pode aspirar a algo se en pouco máis de 15 minutos che meten tres goles!

O PSG nunca ganará a Liga de Campións mentres non faga equipo. E hoxe de equipo tan só ten a Mbappé e a Verrati. Todos os demais, hoxe, non valen nin para ser suplentes do Celta. A Messi pásalle como a lenda esa dos elefantes cando presenten a súa morte: que se retiran a un cemiterio para morrer. E Neymar... Neymar é un caso á parte, que vai por libre e que a súa cabeciña non dá para máis. Creo recordar nunha xogada ver a Benzema recuperar un balón na esquina dun córner da súa propia área. As estreliñas do PSG... que corran os demais. Para min a proeza non foi tal. Días antes xa lle dixera a un fillo que remontarían. Uns viron a vaso medio cheo e eu vino medio baleiro.

Vaso medio cheo, vaso medio baleiroComo medio baleiro o vexo cando leo sobre a solidariedade de moitos paisanos sobre o asunto das doazóns e dos refuxiados ucraínos. A min dáme que é unha solidariedade bastante egocéntrica. Chapó polos seus motivos, pero a min fállanme os métodos. Non lles sería mellor deixar ó Goberno, á Xunta, ós grandes movementos humanitarios (Cruz Vermella, Cáritas, etc) que transportaran as axudas ata Ucraína e que volveran cos refuxiados en vez de percorrer case catro mil quilómetros? Despois só sería achegarse a Santiago e ou Madrid. Para que tanto gasto?

Ademais, e xa tirando do fío, dese egocentrismo que tanto nos gusta. Por que tanta solidariedade non se realiza con dirección cara ó Mediterráneo, onde todos os días, practicamente todos os días, chega xente fuxindo, non dunha guerra senón de varias guerras, fuxindo da miseria, fuxindo da fame, fuxindo da seca? Está tan só a mil quilómetros. Que diferenza hai entre Ucraína e África?

Vaia por diante que non renego desas accións humanitarias, que son realmente fermosas e importantes, pero si de certos procedementos que se usan para levalas a cabo. Que, neste caso, tamén estou cos do vaso medio cheo. É que semella que o vaso medio cheo é a súa forma positiva, mentres que medio baleiro é en plan negativo. Iso din.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES