Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Por fin, Europa

sábado, 12 de marzo de 2022
De súpeto - aínda que o problema xa é antigo – a Rusia de Putin invade Ucraína e crea o maior conflito bélico desde o remate da 2ª Gran Guerra. Un país democrático e libre, arrasado; os ucraínos defendendo a súa terra; Europa facilitando armas; Suiza poñendo por diante a defensa da paz antes ca os seus bancos; sancións da Europa civilizada no deportivo e no musical, desde as viaxes aos bancos, conxelación de bens dos xerarcas rusos… todo agás o enfrontamento aberto, porque calquera acción bélica non ten marcha atrás. Só Donald Trump aproba as accións do Presidente ruso e arrepía pensar o que podería pasar se occidente estivese capitaneado por Trump, con Putin enfronte, e China a velas vir.

Como os ucraínos non xe deixan conquistar, e xa que Europa se posiciona decididamente fronte a acción criminal emprendida, menciona o xerarca ruso o innombrable poder nuclear, de maneira que é dificil cavilar cal pode ser a evolución do conflito, que os analistas califican de fracaso de Putin xa que a guerra non camiña polos vieiros que calculou.

O único resultado favorable é a resurrección da desdebuxada Unión Europea para xogar un papel esencial. Resultou unha sorpresa que a U.E. envie armas, impoña sancións, plante cara a accións asesinas, de maneira que a postura da Europa unida evidencia que hai que contar con ela.

Conforta comprobar neste tempo convulso que a U.E. vale máis ca para controlar economías; que os paises da Europa libre non son follas de árbore caídas coas que Rusia pode xogar. Aqui tamén imos pagar as consecuencias económicas das sancións a Rusia, pero se Europa gardase silencio si que estaríamos perdidos.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES