Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

H2... Oh!!! Pingas científicas

jueves, 17 de marzo de 2022
Unha obra de María Canosa con ilustracións de Luz Beloso, publicada por Galaxia.
Un libro de divulgación científica, deses que tanto precisamos na escola e en galego, que se presenta con esta alegría: "Sabías que os cascos protectores inventáronos os paxaros?, ou por que hai espellismos? A que non te decataras de que hai animais que H2... Oh!!! Pingas científicas nunca beben auga?, ou, por que o número pi é infinito e non remata nunca? Neste libro has atopar unha morea de curiosidades científicas relacionadas co noso día a día, pero que teñen un funcionamento moi complexo".

Unha dedicatoria aos pais que sempre alentaron a curiosidade. Un limiar do científico Ángel Carracedo que habería que colocar a modo de cartel nas aulas; nel explica como a indagación e a literatura comparten imaxinación porque curiosidade e creatividade son a base da investigación científica e da arte literaria, ao tempo defende a capacidade de asombro: preguntarse o porqué das cousas e quedarse abraiado coas respostas, ou coa compresión de que algunhas preguntas aínda non a teñen; para rematar afirmando que os mellores científicos son os que conseguen manter esa pregunta constante sobre o mundo que nos rodea, así como a admiración e o entusiasmo ante o descoñecido (como a rapazada).

E porque entender o mundo nos fai máis libres (en palabras do científico) ponse María á tarefa de explicárnolo. Nunha linguaxe clara, amena e natural vainos despexando incógnitas baixo títulos como "As estrelas nin tililan nin titilan", "Realmente é o ceo azul?" ou "Imos perdendo ósos". Paso a paso, vai dando razón de como se comporta o formigón armado, da historia do cero ou da torre Eiffel, do funcionamento dos espellismos... Esas "Pingas científicas", das que nos fala o subtítulo, teñen sentido despois da fórmula da auga, pero tamén pola presenza que esta ten ao longo dos capítulos, ese elemento básico da vida. Xogando coa creatividade e poñendo o coñecemento ao alcance da rapazada, demostra que por fin se uniron eses dous canais nos que ela se move con total prestancia: a enxeñería e a literatura.

Agardamos futuros libros que complementen este. Pequenas exposicións que poñan nas mans da cativada a información, ao tempo que a divirte e xoga coas palabras e os sentidos.

Despois da súa incursión no ensaio a través da biografía en Emilia Pardo Bazán. Unha mente poderosa, publicada por Bululú, este magnífico título no que se mestura a fórmula química H2 e o asombro dese Oh!!!, contamos cunha escritora que sacha en todos os campos con espléndidos resultados.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES