Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Anacos de vida de Víctor Rivas

jueves, 10 de marzo de 2022
Hai libros que se saen dos límites prefixados; algo así pasa con Anacos de vida. Un libro de imaxes que, segundo David Rubín, "son máis de banda deseñada ca ilustracións en si mesmas, xa que están cheas de ritmo e narrativa". Concordo con el porque cada lámina dá para poñer en marcha un relato, e tamén concordo coa editorial en que estas imaxes van acompañadas de pequenos textos a modo de sinxelas Anacos de vida de Víctor Rivascantigas populares, conseguindo un característico toque de retranca, con chiscos humorísticos e fantásticos. E si, as referencias a Castelao son notables, dende o título tan próximo a Cousas da vida, a división en temáticas (Mulleres, Homes, Lendas, Amores e Xentes), o humor ou a crítica social.

Hai dúas miradas moi propias: a que verte sobre as mulleres (traballadoras, libres e gozando de todo o que a natureza e a vida lles achega) e a da liberdade e o respecto para os "amores que eran pecado ou estaban prohibidos" naqueles tempos (tal como di Ana de Vilatuxe).

E todo iso, froito das lembranzas, daqueles tempos da infancia en que o autor volvía á aldea por temporadas e que agora recorda ao asentarse nela. Porque o libro de Víctor Rivas supón unha mirada chea de afecto ao mundo da aldea, ao rural de mediados do século pasado. Orixinal, tamén é, prologar o libro con tres textos, un de Ana de Vilatuxe ("Tempo que foi para nós sermos"), outro de Joám J. Romero-Porto Durán ("A arte útil") e outro de David Rubín ("Un cosmos a pé de rúa (o futuro entre leiras)"). O propio limiar do autor explícanos como comezou a cociñarse a obra: "Coa limpeza da casa e do predio empezaron a agromar os recordos da infancia e da xuventude, de tantos momentos vividos que afondaron no meu corazón e fixeron de min quen son agora." Vai contando como a modo de inktober ou tintoubro se introduce no reto dun debuxo por día; debuxos de liñas sintéticas e claras, cunha dose de tradición e fuxindo das "postais", do típico, para retratar intres de vida.

O ilustrador de libros coma os de Esmeraldina e Escarlatina, Os arquivos secretos de Escarlatina, Vampira de biblioteca, O bestiario científico de Anxos Nogueirosa, Dez gatiñas viaxeiras, Quokka Moka...) e tantos outros, en diferentes idiomas, tráenos unha obra enteiramente súa que nos fará gozar e pensar, valorar e divertirnos, especialmente se continúa a presentala coas persoas participantes adobiadas ao estilo e maneiras daqueles anos e adoptando as posturas nas que aparecen en Anacos de vida.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES