Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 10 de marzo de 2022
Maldito asunto!

Doulle voltas ó asunto e non encontro por onde collelo, non sei por onde botarlle man. Non ten asas para agarralo. É liso coma un sentimento. Pero tal asunto tráeme de cabeza. Non por sufrimento, senón por descubrimento. Quero saber realmente a profundidade do mesmo e non hai maneira. Sei que hai asuntos que veñen e van polas Pingas de Orballo corredoiras tranquilas das ilusións, aínda que, despois, tal tranquilidade non sexa tal. Porque eses asuntos furgan e furgan de tal maneira nos soños que, xa se sabe, vólvense pesadelos. Por sorte, o meu asunto non é deses revirados e nin tan sequera remoe na miña conciencia. Claro que agora o detalle está en se precisamente, para ese asunto, tan só para ese asunto, teño conciencia. Sei que para a maioría das cousas a miña conciencia e limpa e clara como a auga do Arnoia ó seu paso pola ponte das Cepas. Para a maioría; o problema está na minoría. Porque un (eu mesmo, que son boa persoa) nota como traballa a conciencia. Esta nunca está quieta; nin para o ben nin para o mal.
O asunto non teño por onde collelo, pero digo e prometo que estou a darlle volta e media. Non me deixa descansar ben. Mesmo ás veces me fai suar. E hai días nos que marcho correndo ó alto dos Castro para, desde alí, berrar unhas veces e oulear outras. Como me gusta berrar! Como gozo ouleando! Ouleo mellor e máis forte que os propios lobos. E cando ouleo de seguido hai un instantiño, tan só un instantiño no que entrevexo a punta do asunto. Ou o centro. Agora mesmo xa non sei ben. Xa digo, só é un momentiño. Maldito asunto!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES