Santuarios e festas do Concello de Mondoñedo (6)
							Blanco Prado, José Manuel - miércoles, 09 de marzo de 2022
							  Ademais do sentir popular algúns poetas mindonienses, como Lence Santar, Noriega Varela, José María Fernández e Trapero Pardo adicáronlle fermosos poemas, dos que extractamos as seguintes estrofas.
    
          LENCE SANTAR                                          
          ¡ Ti fuches a salvadora       
            das traiñeiras de Morás,       
            cando na illa Colleira               
            se puso tan crecha a mar!                
          ¡ Ti fuches a salvadora                                            
            das sete lachas rinlegas                                         
            cando pescaban coa raba                                     
            nas augas de Benquerencia!                                  
            I as lanchas dos de Fazouro                             
            a Ti che deben a vida                                              
            ó estar largando nas redes                                     
            a carón da Forcadiña                                           
            I aquel día de San Campio,
            cando as tres lanchas de Cangas                        
            ó fuxiren da galerna                                            
          ¿ quen sinon Ti as salvaba?                                 
          ¡ E Ti fuches quen salvaches                                 
            ós marino do Barqueiro                                       
            cando aquela noite moura                              
            tanto refoleaba o vento!                                       
            I as lanchas dos de Celeiro
            frente ó cabo de Burela,                                              
         ¿quen os salvou sinon Ti,                                             
            Miña Santa, Miña Reina?                                         
            A venerarte aló vamos                                               
            os de Nois i os de Rueta,
            os de Faro e Portochao,
            os de Landrove e Xunqueira
               e tamen os de Viveiro. 
 NORIEGA VARELA
  Santiña churrusaqueiriña,
 maja Virxen dos Remedios
  a miña mai-santa amiga
     que de Dios goce no ceo-
 xa saberás que a levaron,
   tras da cruz, pró cimiterio;
  i-ora si Tu non m'amparas,
desamparado me vexo;
 i-ora si non me recolles,
 quen me recolla non teño,
¡Santiña churrusqueiriña,
orgullo de Mondoñedo!
 O cantar que a Virxe canta
cando arrola ó seu Meniño;
¡meu caravel, miña rosa!   
 ¡meu bico de paxariño!
  Santiña milagrosiña
 ¿lémbraste?... a nosa casiña
  onda a tua.
JOSÉ MARÍA FERNÁNDEZ                             
    "Llegué al Santuario                              
      donde estaba mi Reina,                         
      me postré ante sus piés de rodillas      
      y miréla tan bella cual era.                   
  .........................................................          
      Ella abrió sonriente sus labios,              
       los que tienen sonrisa sincera,                
       los que tienen dulzura de mieles,           
       los que tienen olor de azucena,                                  
       aroma de rosas,                                      
       perfume de esencias.                            
       Y volvióme serenos sus ojos,                  
       los que al alma muy hondo penetran,     
       los que brillan cual fúlgidos soles,       
       los que borran angustias y penas".        
TRAPERO PARDO 
 Anochece... La ermita está desierta
 Simula un firmamento
- a escala reducida- la cúpula. Y bajo ella
es corpóreo el silencio...
Hay un rayo de luz, esmorecido
en un postrer reflejo,
sobre el cristal que cubre a Jesús Niño,
que mora de Gertrudis en el pecho.
_ _ _ _ 
 Paredes con exvotos.
 ¡ Pacíficos trofeos,
que la Señora alcanza en sus combates
contra el dolor!... Humildes, polvorientos,
mudos, ¡ pero con voz que la Patrona
sabe discriminar!... Voces al viento
¡ mas ninguna perdida!... Pues de todas
 conoce ella el acento... 
Cumpridos os oficios relixiosos, os devotos e fregueses da comunidade participaron do feiral laico, que estaba situado na Alameda dos Remedios, próxima ó santuario. Era o intre de percorrer os diferentes postos que tiña o feiral, ben para degustar o polvo, mercar rosquillas ou outras lambetadas, e xoguetes que logo podían causar a ledicia de pequenos e maiores.
Á noite, tanto as verbenas como as diferentes atraccións que hai ó caron do campo da festa, eran un bo reclamo para todos aqueles que aínda tiñan ganas e folgos de botar un baile e disfrutar dos diferentes carruseis.
Antano nestas festas adoitaba celebrarse, ás veces, una corrida de toros. Non embargantes, un dos actos máis populares era "a popular corrida do Tangueiro". Tratábase dun enorme monigote xiratorio de madeira, que representaba a un soldado vestido á usanza dos vellos tercios españois, con casco, armadura etc. Tiña os brazos en cruz. Dunha man pendía un escudo e da outra un saco, que contiña area, cinza etc. Os que tomaban parte como atacantes ían armados de longas lanzas de madeira e acometían ao Tangueiro empuxando o escudo que levaba na man. Como o moneco xiraba, dun xeito rápido, ao menor impulso, se o atacante non acadaba sair do radio de acción dos brazos do Tangueiro era golpeado polo saco que este levaba na man, producíndose esceas divertidas. 
A estas festas acudía tódolos anos o popular gaiteiro Coruxeiras, que deleitaba ao público asistente coas suas muiñeiras e alboradas.							
							
 
							Blanco Prado, José Manuel