Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O mellor que temos é a xente

miércoles, 16 de marzo de 2022
Dicía Don Antonio Machado que en España, o mellor era a xente, capaz de recuperar o que outros roubaron coa propia sangue. Non sei se cando escribiu iso podería imaxinar que a del sería destino de exilio e acabaría dando a propia vida pola liberdade.

Coido eu que en todos os países hai xente boa que acaba sendo carne de desprezo e o peor é cando ese desprezo vén provocado por unha elite oligárquica da que non formas parte. Cando Machado escribe isto, toda España non era franco. Non podemos botarlle ao lume gasolina de fobia porque só conseguiremos que o conflito e a violencia se espalle a labaradas.

Sabemos todos que a guerra é dura e sempre é cruel, sabemos que invadir non é admisible pero non caiamos no erro de meter todo un país no saco do mal. Sobre todo, cando hai cidadanía que leva anos convivindo con nós, facendo a vida con nós, sendo con nós, tecendo amizades, elas e eles non son o inimigo. Son xente de a pé que camiña con nós como camiñaba hai dous días e que non merece a retirada dunha man, dunha mirada e moito menos dunha amizade.

A solidariedade tamén require definir a realidade e non que ver o que pasa no palacio co que anda a pé. Ningún político define ao seu país. O mellor que temos é a xente.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES