Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ferrol 1972

jueves, 10 de marzo de 2022
Non puideron comezaren mellor os actos conmemorativos do cincuenta aniversario dos sucesos do 10 de marzo de 1972 en Ferrol, data que quedou na memoria colectiva coma exemplo da barbarie ditatorial dun réxime case moribundo, ou cando menos iso é o que se pensaba. E quixo morrer matando.

E digo que os actos conmemorativos non puideron comezar mellor porque o vivido o pasado sábado no Auditorio de Ferrol foi para enmarcar, para gravar e gardar na memoria. Co Auditorio ateigado de xente a música foi protagonista da man do grupo de metais "Hércules Brass" que comezando con música barroca seguiron agasallándonos con temas contemporáneos. Formidables, coma sempre que suben a un escenario. Pero o máximo interese estaba centrado na estrea da peza "Ferrol 1972" composta por Juan Ferrol 1972Durán, inspirada naquel sinistro suceso onde dous traballadores perderon a vida e más de sesenta resultaron feridos. Esta estrea cumpriu con todas as expectativas. Ocórreseme definila con dúas palabras: espectacular e emocionante.

Un suceso coma o do dez de marzo do 72 pódese explicar con palabras, pero a música só fala coas notas penduradas nas cinco liñas do pentagrama, mensaxes que van dirixidos ás partes máis recónditas do sentimento. Por iso Juan Durán avisounos do que íamos escoitar, púxonos en antecedentes e dese xeito levounos a través dunha música case descritiva a metermos no miolo daquela manifestación, a escoitaren o son sincopado dos disparos e o balbordo conseguinte, co son das campás a morte e coa solemnidade e o silencio acompasado duns golpes de bombo que puñan a pel de galiña. Ademais do quinteto de metais estiveron un piano, e un grupo de percusión (bombo, caixa, timbais e campás) dando vida a esta fermosa composición do mestre Juan Durán cuxos dereitos cedeu a Asociación "Fuco Buxán". Pois ben, agora procedería a iren na procura de gravala en condicións óptimas para que se puidese divulgar e ¿porqué non? formar parte da banda sonora dun documental sobre o dez de marzo do 72, que coa duración de dez minutos (tempo que ocupa a peza musical) serviría para dicir á xente nova de hoxe e a xeracións vindeiras que houbo xente que loitou arreo a prol da liberdade con todo o que iso significa, cun nivel de compromiso absoluto, poñendo incluso en perigo as súas vidas. Nada chegounos agasallado, isto non convén esquecelo.

Logo daqueles desgraciados sucesos, o dez de marzo quedou constituído como o "Día da clase obreira", de toda a clase obreira. Sería importante que algúns repararan niso.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES