Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Misión de Eugenio Montes: Rehabilitar a Otero Pedrayo

lunes, 07 de marzo de 2022
Grande foi o traballo de Eugenio Montes para rehabilitar ao seu mestre e amigo D. Ramón Otero Pedraio, na Cátedra de Xeografía e Historia do instituto de Ourense da que foi apartado en 1937. A pesar do seu interés, de ser amigo do Ministro de Educación e dos reiterados esforzos, este despropósito tardou once anos en repararse, (apartado da cátedra en agosto de 1937 e reincorporado na mesma en novembro de 1948).

No Boletín Oficial do Estado número 314, do día 30 de agosto de 1937 publicábase o acordo do día 21 do mesmo mes da separación definitiva do servizo (Anexo 1).
"(...) Visto el expediente instruido a D. Ramón Otero Pedrayo, Catedrático del Instituto Nacional de 2.ª Enseñanza de Orense, de conformidad con la propuesta de la Comisión de Cultura y Enseñanza (...) dispongo: La separación definitiva del servicio de D, Ramón Otero Pedrayo, debiendo ser dado de baja en su Escalafón (...)".

A través da correspondencia de Eugenio Montes con Otero Pedraio, semellaba que estaba todo solucionado en febreiro de 1940, sen embargo, a súa restitución alongouse no tempo. Temos coñecemento destes feitos por dúas cartas que lle enviou Montes a Otero Pedraio, unha o día 5 de Febreiro de 1940, (anexo 2), na que lle informaba do contido da conversación que tivo co Ministro de Educación:
"Hace unos días hablé con Ibáñez Martín1de su asunto. Ibáñez le quiere y le admira mucho y cree, que tras esta conversación, su asunto está en principio arreglado. Pocas cosas se alegrarán tanto como haber contribuido a su justa reposición. Y Galicia entera se alegrará conmigo".

Na segunda carta de xuño de 1940, (anexo 3), Montes, reincide no tema. Por o que se aprecia no contexto, Pedraio, non lle comenta nada, para quen pedía axuda era para García Paz, que Montes tamén coñecía: “Dígale a García Paz, a quien recuerdo con cariño, que me escriba dando todos los datos oficiales de su asunto (...). Yo haré todo lo que pueda por él".

A Montes, quen de verdade lle preocupaba era D. Ramón, e así llo expresa textualmente:
"Pero no se limite V. querido Ramón, a hablarme de cosas ajenas. Hábleme de las suyas. Escríbame de cuando en cuando como a uno de los sus amigos más queridos y que le admiran con mayor hondura (...) Meses pasados escribí un libro sobre Portugal (...) Resucitó en mi muchas emociones antiguas a cuyo fondo estaban sus libros como crestas de una sierra materna. (...) Hace un par de meses hablé con Ibáñez sobre su cátedra. Me dijo que estaba decidido a que V. volviese a ella. Es lógico y justo. No sé si se lo firmó. Si, por la lentitud burocrática, aún no lo hizo, puede recordármelo, pues me lo prometió. (...) Abrazos a Risco, Florentino, y a V. de su paisano, amigo y discípulo. Eugenio".

A implicación de Montes, visualízase tanto na forma como no fondo, as dúas cartas van co membrete da Falanxe, con toda a súa simboloxía, como membro do "Consejo Nacional", que ben podían ir co do Instituto Español de Lisboa, que era onde estaba destinado. Todo o seu poder e toda a súa a súa influencia estaban postas a favor da restitución de Otero Pedraio.

A postal dunha coñecida taberna romana, (anexo 4), que lle envía Montes a Otero Pedraio, na que chama a atención cando fala en plural "Erguemos unha xerra de Frascati a sua saude". Esa postal vai asinada por Eugenio Montes e Álvaro das Casas. Intelectual galeguista, escritor, director da Biblioteca de Estudos Galegos e fundador do movemento xuvenil "Ultreia". Cun proceso moi similar ao de Montes, en canto ao posicionamento político, que vai dos postulados da esquerda aos da dereita. A amizade con Montes, debeu de virlle desde os anos do instituto de Ourense, por idade deberon de compartir, tanto aulas como profesores; ambos os dous, tiñan grande respecto e admiración por Oteo Pedraio, Risco e Cuevillas.

Había dúbidas en canto a data da postal, que Martinho Montero Santalha, coa sua sabedoría e experiencia investigadora, me aclarou de forma maxistral, primeiro descubrindo que estaba asinada por Álvaro das Casas e despois por a data "Parece que a data da postal de Roma debe de ser, efectivamente, 1935. No cunho leio: na parte exterior ROMA- FERROVIARIA. No interior: na primeira linha "17-18" (debe ser a hora). A segunda linha nao se lê, mas devía indica o mês ("giugno") e o día ("29 ou 30"). Na terceira linha aparece "35-XII": debe ser o ano 1935, e o XII debe de indicar o ano do fascismo (que começou no ano 1922).
A postal do claustro dos Xerónimos, que lle envía desde Estoril, o 15 de setembro de 1937, co cuño de Correios e Telégrafos de Estoril, que asina con Juan Ramón Masoliver, é todo un símbolo de delicadeza. Por o texto, comprobamos que Masoliver tiña amizade con Otero Pedraio (anexo 5).
Novamente a mestría de Martinho Montero, axudoume. Descubriu que as primeiras liñas eran de Juan Ramón Masoliver e as seguintes de Montes, cando unha primeira lectura, daba a entender como se Montes empezara escribindo en terceira persoa "Mientras Montes sale para América". Por a entrevista de Lluis Permanyer a Juan Ramón Masolives, (La Vanguardia 17/05/1987): "Juan Ramón Masoliver. Un agitador cultural en plena Guerra Civil", confirma o texto da postal (...) y largarme a descansar un par de semanas a Monte Estoril, en donde yo sabía estaba Eugenio Montes. Esto sucedía en agosto del 37".
Apenas pasaran quince días da súa expulsión da cátedra (30/08/1937), eran momentos moi difíciles para D. Ramón, que vai en busca de sosego, a reflexión e a calma o seu pazo de Trasalva. Calidez, proximidade, aprecio, cariño, admiración e dor, afloran neste breve texto, eu interpreto que tanto Montes como Masoliver, xa coñecían a resolución definitiva, notase que lles entristece, anque non mencionan ese desafortunado feito.
"Mientras Eugenio sale para América le recuerdo y espero verle pronto Juan Masoliver" (...) Un saludo lleno de morriña, de vieja amistad, de paisajes de infancia de admiración y de afecto. Eugenio Montes".

A postal non trae o enderezo de Otero Pedraio, "Prof. D. Ramón Otero Pedrayo (Prov. de Orense). D. Ramón xa estaba vivindo no seu pazo de Trasalva, así con letra diferente, se fai constar desde correos "Barbantes Trasalva".

Nese intervalo que vai da separación ate a reincorporación, deixou ao marxe toda a actividade política e concentrou os seus esforzos na nosa cultura, a través de diversas institucións: Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, Patronato Rosalía de Castro e da Editorial Galaxia.

As boas noticias chegaron en:
1. Novembro de 1948, coa rehabilitación no seu anterior posto de Catedrático de Instituto en Ourense.

2. Abril de 1950, ao conseguir por oposición, a Cátedra de Xeografía da Universidade de Santiago (anexo 6). "Orden del 15 de Abril de 1950 (...). En virtud de oposición (...) Este Ministerio ha resuelto nombrar a don Ramón Otero Pedrayo Catedrático numerario de Geografía de la Facultad de Filosofía y Letras de la Universidad de Santiago (...)"

3. Setembro de 1975, coa concesión da Gran Cruz da Orden Civil de Alfonso X o Sabio "En atención a los méritos y circunstancias que concurren en don Ramón Otero Pedrayo. Vengo en concederle la Gran Cruz de la Orden Civil de Alfonso X el Sabio. Así lo dispongo (...) Francisco Franco", (anexo 7).

A título póstumo, tivo dous recoñecementos máis no BOE, a Orden número 20560, do 30 de xullo de 1980 por a que se lle concede ao Instituto Nacional de Bacharelato, mixto, número 3 de Ourense, a denominación de "Ramón Otero Pedrayo", (anexo 8) e a orden número 31534, do 28 de novembro de 1982, na que se declara nulo o expediente de depuración do ano 1937, (anexo 9).

Fáltanos correspondencia, que é seguro que houbo, no momento que volvemos a ter a de Montes, confírmanos que esa amizade se sostivo no tempo, e aínda podemos engadir que se fortaleceu, así no lo confirma a carta do día 1 de febreiro de 1953, (anexo 10), na que Montes invita a don Ramón ao acto relixioso do casamento da sua filla Elvira. "Meu querido compañeiro: o día 3, ás 11 da mañá, casase a miña filla Elvira, na capela do Santo Anxo, de Angelita Varela. Moito nos ledaría a ela e a min, telo entre nós nise momento (...) Sabe canto o quere e o ademira seu amigo e paisano Euxenio Montes".

Nota:
1 Ibáñez Martín era o Ministro de Educación.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES